Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

28/01/2010 GMT 1

A festa do club dos contos voadores

marga-g @ 22:33

Pois si que o pasamos ben na festa do noso club.

Onte eramos 14 con Marga. Xa que nesta festa só participaba alumnado de infantil e de 1º ciclo de primaria, tivemos que aprender o que era un club de lectura.

Falamos moito do conto que estivo voando durante un mes: Brancos e Negros de David Mckee. Comprendimos que o odio e a ira non conducen a nada, que o mellor é contar ata dez ou apretar os puños ou pensar como pode sentirse a outra persoa antes de enfadarnos moito con alguén.

Logo de ler o conto de novo e de reflexionar sobre el, fixemos un libriño de recordo no que escribimos a idade que temos, o que aprendimos co conto, o que sentimos cando o limos, o que nos lembrou...

   

dsc01043.JPG

Por suposto a sorpresa din que estaba riquísima...

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis