Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

25/01/2010 GMT 1

A visita de Cami

marga-g @ 09:46

"Contos de ratiños" de Arnold Lobel, precioso libro de historias co que Cami nos entretivo o venres pasado. Coma sempre, un luxo contar coa súa presencia na biblioteca do cole.

Durante unha hora mantivo a atención de todos nós con catro contos de ratiños relatados maxistralmente de formas diversas, dende a escenificación do conto do rato vello na que participaron nenas e nenos do colexio ata o precioso franelograma empregado no conto do baño.

          dsc00960.JPG     dsc00972.JPG

Non podía faltar, por suposto, o acordeón que acompaña sempre ao noso amigo, para dar remate á xornada de animación coa que tanto disfrutamos.

"Lonxe de todo, lonxe de todo,

lonxe de todo, lonxe de todo está,

lúa de queixo, chuvia de contos...

...e se algún día, eu teño que marchar...

onde eu vaia, conmigo sempre virás,

onde eu vaia, conmigo sempre virás."

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis