Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

24/01/2010 GMT 1

O noso proxecto documental ”CAMIÑO DE SANTIAGO” bota a andar

marga-g @ 14:03

PREPARADOS,   LISTOS,  XA…!

 O noso proxecto documental ”CAMIÑO DE SANTIAGO” bota a andar.

 Despois de cruzarnos nos últimos días nos corredores do centro cuns  misteriosos personaxes que, indiferentes ás nosas miradas, camiñan ensimesmados,  adiviñamos que se trata de peregrinos que van cara Santiago.

      dsc00843.JPG           dsc00853.JPG

 Pois nós tamén imos, á nosa maneira: sen présa pero sen pausa, metendo nas nosas mochilas sabedoría , experiencia e tamén divertimento.

  Seguiremos aos nosos caminantes- guía: Dana,  Caracuncha, Cocote e Mareliña.

       dsc00696.JPG            dsc00697.JPG

Dana marchará polo Camiño Inglés.  Caracuncha seguirá o Camiño Norte. Cocote fará o Camiño Francés e Mareliña  camiñará pola Ruta da Prata.

      dsc00695.JPG           dsc00698.JPG     

 Pero para  avanzar  precisarán da nosa axuda: debemos responder ás  preguntas  que nos farán sobre o camiño que están a percorrer. Só así poderán chegar a Santiago.

                             dsc00929.JPG

 Só así poderemos chegar a Santiago !

FELIZ ANDAINA!

Quero deixar constancia neste espazo de comunicación o noso agradecemento a Concha  que unha vez nos da a oportunidade de disfrutar lendo e investigando creando, diseñando e poñéndose ao frente deste magnífico proxecto que hoxe bota a andar.

Comentarios

Un Comentario »

  1. Ola a todas e todos!

    Que gusto da ver a voso blog da biblioteca!
    Os vosos proxectos son xeniais, parabéns!

    No cole no que estou estamos a arranxar unha aula e converténdoa na biblioteca. Estamos a decorala, catalogando as obras, etc.
    A ver se somos quen de facer un blog con ideas como as vosas, e poder compartirlas con vos.

    Unha aperta

    ALBERTO PROA 09 | 26-01-2010 - 19:40:12 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis