Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

22/12/2009 GMT 1

Unha visita polo mosteiro de Sobrado dos Monxes

marga-g @ 00:13

Co título "Unha visita polo mosteiro de Sobrado dos Monxes", o alumnado de 4º de ESO PDC, baixo a dirección de Anxo Pérez, ofreceunos o pasado venres unha interesante presentación coa que percorrimos as diferentes estancias do mosteiro de Sobrado e explicounos algo sobre a súa historia.

dsc00837.JPG

Tanto a maxistral posta en escena -na que as alumnas e os alumnos ían subindo a un improvisado púlpito cheo de velas-, como a presentación con imaxes das diferentes dependencias do mosteiro nas que aparecen cada un deles tivo unha gran aceptación entre o variado público no que había alumnado de primaria e de secundaria.

A verdade é que aprendimos unha morea de cousas:

  • Que o mosteiro ten máis de 1000 anos, xa que naceu no ano 952.
  • Que foi obra dos condes de Présaras Hermenegildo e Paterna.
  • Que pertenceu á orde do Císter, polo que tivo hospedería, enfermería, muiño, forxa, pombal, granxa, obradoiros...
  • Que o núcleo monacal componse de igrexa, tres claustros, unha sala capitular, un refectorio ou comedor, unha cociña e outras dependencias para o desenvolvemento da vida dos monxes como os dormitorios...

Moitas grazas a todo o grupo e ao seu profesor polo esforzo e interese por participar nunha dinamización da lectura.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis