Teatro de títeres en 4º de Primaria
O venres, día 18 de decembro celebramos na clase de 4º de Primaria o ciclo de contos deste mes cun formato moi especial: un teatrillo de títeres dirixido por Fran e protagonizado por Ari, Rafa, Dani, Alex, Eva e Vanesa.
Todo comeza cando Roi, un ratiño ben simpático, disponse a sair da súa guarida para celebrar un magosto na escola e vese impedido ao ter a un gato comellón facendo garda ao lado do seu tobo. Cando xa se ve perdido e incapacitado, un ourizo dunha castaña lle cae na cabeza e o gato ao mordelo sae escarmentado, resolvendose deste xeito a situación e indo finalmente ao magosto.
Tanto a entretenida historia como as fantásticas voces coas que deron vida aos personaxes, a canción de rap e as cancións tradicionais que deron unha nota de cercanía ao conto fixeron as delicias de grandes e pequenos.
Moitas grazas, Fran, nenas e nenos de 4º polo voso esforzo e colaboración.

Chúzao
del.icio.us