Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

26/11/2009 GMT 1

O señor Ramón

marga-g @ 22:43

Que luxo!

Entrañable, enriquecedora e tenra foi a sesión de animación á lectura que hoxe tivo o pracer de disfrutar o alumnado de infantil de 3 e 4 anos e de 1º de primaria.

O protagonista foi o señor Ramón, o pai de Marita, que aos seus noventa e tantos anos deixounos coa boca aberta pola súa sabedoría, pola súa memoria e polas súas ganas de compartir.

dsc00682.JPG

Comezou falando da guerra, de historias reais que nos fixeron conscientes das penurias e necesidades de non hai tantos anos, intercalou coplas, rimas e poemas da súa xuventude, contou contos e chistes e ata cantou.

O señor Ramón, xa non é o señor Ramón para nós, é un poeta, un bromista, un contacontos, un cantante e sobre todo un amigo por deixarnos entrar no seu mundo.

Coa historia de "Pelos Tortos", recuperada gracias á memoria de Marita e de Ramón, vivimos uns momentos de maxia xa que as nenas e os nenos de primeiro demostraron o ben que aprenderan o estribillo cando llo devolveron recitado ao seu amigo:

 "Cando eramos vivos, a esta figueira viñamos comer figos,

e agora que estamos mortos, vimos buscar a Pelos Tortos"

Tamén Andrea, Alex, Nerea, Alba e Miriam acortaron distancias ao facer rir ao noso invitado.

       dsc00689.JPG      dsc00694.JPG      dsc00693.JPG

En fin, que a hora que estivo con nós quedouse ben curta polo que esperamos telo de novo outro día para seguir disfrutando das súa maravillosa memoria. Grazas Marita, Manolo, Ramón por facer desta unha mañá especial na que tres xeracións se fundiron nunha,  e sobre todo, por invitarnos a valorar aos nosos maiores.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis