E botaron a voar...
E por fin botaron a voar os contos voadores.
Despois de anunciar durante uns días que un par de contos estaban a piques de se botar a voar, finalmente deixáronse ver onte. Apareceron nos carteis do club dos contos voadores e... sabedes quenes foron os máis rápidos en collelos?
Ariadna de 4º de E.P. e Brian de 2º de E.P.
Os LIBROS VOADORES son:
- Negros e brancos de David Mckee. Este conto de elefantes quere visitar as casas das nenas e dos nenos de infantil e 1º ciclo de primaria.
- ¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey. Este conto será comentado no club de lectura polo alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria.
Sorte para collelos!!!!!!!!!!!!!

Chúzao
del.icio.us