As ciencias nos xornais
Con este interesante título arranca unha actividade organizada polo departamento de Ciencias da Natireza dirixida ao alumnado de 1º da ESO e que pretende:
- Fomentar a lectura de artigos periodísticos relacionados coas ciencias.
- Motivar ao alumnado na busca e selección de información.
- Extrapolar os contidos traballados na aula creando e buscando asociacións na vida cotiá.
Cada semana un grupo de alumnas e alumnos seleccionará artigos publicados en diferentes medios e os expoñerá no mural habilitado para tal fin no corredor da 1ª planta.
Periódicamente cambiarase de temática e o propio alumnado valorará os artigos máis interesantes e intentará difundilos de diferentes maneiras: lecturas dos mesmos na biblioteca, adatacións, presentacións dixitais...

Chúzao
del.icio.us