Bases do concurso de creación e deseño dos personaxes guía do camiño
O Equipo de Biblioteca do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto
CONVOCA
Ao alumnado de lnfantil, Primaria, Secundaria e PCPI deste centro, a participar na creación e deseño dun personaxe-guía do
PROXECTO DOCUMENTAL: "CAMIÑO DE SANTIAGO".
BASES
1. Ser estudiante do colexio de Boimorto.
2. Que sexa unha creación persoal e sen axuda.
3. O debuxo terá unha base de vieira.
4. Elaborar un personaxe que sirve de guía camiñante do "Camiño de Santiago".
5. Deberá dárselle un “nome” polo que cada personaxe entregado terá un nome orixinal que o identifique. Dito nome entregarase aparte, nunca integrado no debuxo.
6. Poderase empregar calquera técnica artística: cera, pastel, acuarela, collage...
7. O debuxo non terá ningunha letra, palabra ou frase.
ENTREGA
1. As persoas concursantes deberán entregar as súas propostas a Concha, Fran ou Marga antes do vindeiro 6 de novembro de 2009.
2. En folio aparte deberán engadir a seguinte información:
• NOME DA/DO PARTICIPANTE
• CURSO
• NOME DO PERSONAXE
PREMIOS
* Un xurado revisara todos os deseños recibidos e elixirá os mellores
* A decisión do xurado será inapelable
* Publicaranse todos os deseños concursantes no blogue da biblioteca
* O día 13 de novembro publicarase cal son as/os gañadores.
* Os premios non serán en metálico e estarán relacionados coa lectura. Serán entregados ao finalizar o proxecto documental.
Cualquera dúbida, dirixídevos ao comité organizador: Concha, Fran ou Marga
Equipo de Biblioteca

Chúzao
del.icio.us