Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

07/10/2009 GMT 1

Porque os monicreques molan...

marga-g @ 23:17

Que divertida foi a sesión de monicreques da compañía Matapiollos que disfrutamos hoxe na biblioteca!

Aínda que non é nada fácil, intentaremos resumirvos parte do espectáculo, veredes...

dsc00060-1.JPG

Trapos e Anteollos, monicreques, e residentes nun armario vermello son moi diferentes o un do outro; mentres Anteollos pasa o día lendo, Trapos non para de queixarse sobre o seu destino.

O que ao principio parece unha simple canción na que Anteollos reflexiona sobre a vida dun monicreque, artella de forma singular a obra que pouco a pouco vaise desfiando ata convencer a Trapos e ao público de que os monicreques "molan" xa que con eles podes ser pirata, princesa dun conto de fadas, mago dun bosque encantado, subir ao ceo...

O contrapunto de Anteollos, representante e defensor da lectura e da imaxinación o pon Trapos, para quen as letras da palabra "monicreque" teñen un significado ben especial:

m de manipulados

o de oprimidos

n de ninguneados

i de illados

c de castigados

r de relegados

e de esquecidos e 

que de quero ser un neno

A pesar do persuasivo que pode ser Trapos, a entrada en escena dunha polilla e dunha nena dan unha viraxe á historia e amodiño pero sen pausa vamos decatándonos de que non hai nada mellor que viaxar coa imaxinación e que a lectura de contos é unha fonte inagotable de ideas, de recursos para disfrutar, para xogar e para dar saída aos outros "eus" que todas e todos levamos dentro.

dsc00087-1.JPG

                                         

dsc00098-1.JPG

 Noraboa Trapos, Ofelia pola vosa profesionalidade. Que non sexa esta a última vez que poidamos disfrutar dunha das vosas obras. 

Comentarios

Comentarios(5) »

  1. Os mellores monicreces que viñeron o colexio foi moi divertida, e chistosa jajajajajaja!!!!!!!!

    Vanessa | 23-10-2009 - 11:23:28 GMT 1 #

  2. Hola somos Elba e Rebeca de 6º de primaria.
    Pareceunos que a obra estaba moi ben e era moi entretida.
    Pero a parte mais chula foi o desenvolvemento bueno moitas grazas por facer actividades tan interesantes.

    Elba e Rebeca.

    Elba e Rebeca | 23-10-2009 - 11:24:56 GMT 1 #

  3. Encantáromen os monicreques e aora en alternativa eu e unha amiga estamos facendoos con calcetis.

    anónimo | 26-10-2009 - 14:51:25 GMT 1 #

  4. olaa son Lauraa e encantoumee a obra de teatro foi o mellar obra de monicreques que vin jeje

    Laura e Maaría | 16-11-2009 - 15:46:53 GMT 1 #

  5. a sii tamen e Maria que non nos acordabamos

    Laura e Maaría | 16-11-2009 - 15:47:34 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis