Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

07/10/2009 GMT 1

Monicrequeando na biblioteca

marga-g @ 07:37

Hoxe mércores, 7 de outubro teremos unha actividade de monicreques na biblioteca do centro.

Haberá dous pases:

  • 1º pase de 10:00 h a 11:00 h para as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria.
  • 2º pase de 12:00 h a 13:00 h para as nenas e os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria.

Monicrequeando é unha campaña de dinamización lingüística e animación á lectura que ofrece a editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Educación.

Dita campaña, arredor da nosa lingua e arredor dos monicreques quere poñer en valor:

  • A palabra: A nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte, o entretemento...
  • O teatro de monicreques: Como unha valiosa forma de expresión artística.
  • O xogo: O descubrimento do teatro de monicreques como unha forma de lecer completa, creativa e divertida.
  • A lectura: Porque os libros son compañeiros fieis que nunca deben faltar na túa vida.

Seguro que monicrequearemos un rato moi especial...

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Estuvo moi ben a obra de monicrequeando, min gustoume moito porque me rin moito.Ten que haber mais asi.

    Un bico María

    Maria | 23-10-2009 - 11:21:14 GMT 1 #

  2. O conto estuvo moi ben jeje
    e amin gustoume moitoo chulo e foi guaii
    e eu paseino de medoo jeje

    un bico : laura

    laura | 23-10-2009 - 11:22:04 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis