I Gran Tómbola de Boimorto
Este venres 19 celebrarase a I Gran Tómbola de Boimorto!!!!!
Xuntarémonos no patio cuberto ás 10:00 horas, alí faremos unha pequena asemblea onde se vos explicará, nenas e nenos, a onde tendes que ir cos vosos biblioratos para conseguir os pequenos premios e onde vos teredes que colocar para esperar a vosa quenda.
NON VOS PERDADES ESTE IMPORTANTE ACONTECIMENTO!!!
Esta actividade final é a culminación do proxecto de "As meninas" que se desenvolveu durante este curso na biblioteca e que grazas á colaboración do profesorado e do alumnado participante, e en especial grazas a Concha, convertimos no proxecto estrela deste ano.

Chúzao
del.icio.us