E o cadro cobrou vida...
Brillante introducción a de Concha que ademáis de coordinar a dramatización de "O cadro cobra vida", fixo que nos adentraramos no cuadro de Las Meninas analizando e recordando a investigación levada a cabo en torno a cada unha das personaxes: Margarita, Agustina Sarmiento, Dona Marcela, Isabel de Velázquez, José Nieto...e reflexionando sobre a intención do pintor ao plasmar esta imaxe deste xeito.
Compre dicir que o alumnado participante bordou a escena e que á pregunta de Que pasaría se estas personaxes empezaran a moverse? transportounos ao máxico mundo do cadro.
Grazas a todas as nenas e nenos participantes e en especial a Concha polo seu entusiasmo e profesionalidade.

Chúzao
del.icio.us
Para os/as que comezamos neste mundo tan especial e vocacional (non vacacional, como pensan outros/as) como é o ensino, resúltanos moi ventaxoso aprender dos e das que sabedes moito e ademais compartides as vosas ideas e o voso traballo cos demais.
A min personalmente estanme a servir de moito... moitas gracias
ALBERTO LEIRO (PROA) | 19-05-2009 - 12:51:30 GMT 1 #
FOI MOI DIVERTIDA A OBRA DAS MENINAS HAI QUE DAR AS GRAZAS A CONCHA
Vanessa | 23-10-2009 - 11:27:25 GMT 1 #