Disfrutando do 23 de abril, día do libro
Preciosas as actividades desenvoltas durante todo o día.
Empezamos a celebración visionando a presentación eleborada por Teresa cos textos escollidos polo profesorado do centro...e magnífica foi a elección de imaxes e música que impregnaron de encanto as actividades posteriores:
- Coloquio sobre as lecturas realizadas.
- Reflexión sobre o significado das imaxes e a súa relación co día do libro.
- Lectura dos relatos, poemas e parágrafos escollidos polos grupos, polas mestras e polos mestres.
- Poemas musicados e cantados por Mini e o grupo de 6º:"Palabras para Xulia" de José Agustín Goytisolo e "Caminante no hay camino" de Antonio Machado.
- Visionado do vídeo dun poema escrito por Joaquín Sabina; "A la orilla de la chimenea", cantado por Fran e acompañado á guitarra por Mini.
- Entrañable lembranza dunha deliciosa tableta de chocolate que agasallou a Concha na súa nenez co seu primeiro conto.
- Unha especial sorpresa para o alumnado de infantil e 1º ciclo de E.P que subimos á biblioteca para ver un libro especial, en lugar de ter páxinas de papel, a profe Isa ía pasando as follas na pantaia do video, onde puidemos desfrutar vendo animais salvaxes coma o león, o camaleón ou o elefante, lendo sobre eles e escoitando os seus sons. Todos estivemos moi caladiños. Despois os compañeiros de 1º leron o comezo dos seus contos preferidos deste curso "A aventura sorprendente du homiño moi valente" e " Una bruja horriblemente guapa ". Para rematar, os rapaces de 2º léronnos o seu conto preferido "A avoa de Rosa".

- Espontanea e simpática entrevista realizada polo alumno Manuel Veiras a un dos homenaxeados co galardón "O Pedrón de Ouro" este ano: D. Xosé Luis Rivas, ben coñecido no centro e na sua contorna por Mini.
- Intercambio de pareceres en torno á reivindicativa frase leo para... lanzada por Marga e recollida por todas as persoas presentes na biblioteca. Comprácenos destacar aquelas que tiveron maior número de adhesións:
Leo para sentirme libre.
Leo para facer posible o imposible.
Leo para aprender.
Leo para poñer palabras ao que sinto.
Leo para recoñecerme noutras vidas.
Leo para patear mentalmente aos tiranos.
Leo para procurarme un anaco de pan feito de letras.
Leo para entrar no espello.
Leo para calar cando todos falan.
Leo para falar cando todos calan.
Leo para darlle traballo ás neuronas.
Leo para que o amor seña posible.
Leo para volver a ser nena...

Chúzao
del.icio.us