23 de abril, día do libro

Como non podía ser menos, mañán xoves 23 de abril celebraremos o día do libro no noso centro.
As actividades programadas son as seguintes:
-
Visionado e lectura da emotiva presentación elaborada por Teresa cos textos favoritos de parte do profesorado do centro.
-
Lectura de textos diversos por parte do alumnado e reflexión posterior sobre o significado da lectura nas nosas vidas.
Dende este espazo queremos agradecer a todo o profesorado que participou na proposta e en especial a Teresa polas horas adicadas e pola sensibilidade derramada nesta homenaxe ao libro.

Chúzao
del.icio.us