O noso ciclo de contos
Unha vez máis celebramos a edición de abril do ciclo de contos.
Os contos relatados nesta ocasión foron:
- La casita, teatralizado polas nenas e nenos de 3º de primaria baixo a fabulosa dirección de Natalia. Unha ratiña, unha ra, un coello, unha raposa e un oso conviven nunha casiña...aínda que claro!, son tantos que a cas húndese. Mais para iso está a amizade. Todos xuntos fan unha mellor!
-
Vanesa non quere ser princesa, contounos magnificamente Estela que aínda que a nai de Vanesa quere que sexa princesa, ela non está de acordo. Vanesa só desexa ser libre para decidir o que quere ser...a pesar de que lle guste unha cousa diferente cada día. O único que ten claro é que ...NON QUERE SER PRINCESA!
- 27 historias para tomar a sopa....Había unha vez unha nena que perdeu un globo, subiu a unha árbore para intentar collelo e...
...Unha tartaruga deixa a súa casa-caixa e atopa no xardín da súa casa un mundo diferente. A súa amistade cun ourizo daralle...
Estas son dúas pequena pinceladas sobre dúas historias que atoparás neste libro e que esta tarde foron maravillosamente contadas por Mar.
- Unha parella diferente, este era o título do conto que tan ben relataron e dramatizaron catro nenas de 5º de primaria: Dafne que actuou de narradora, Ana no papel de crocodilo, Tania interpretando a xirafa e Mar que fixo as voces da xente murmuradora e intolerante das vilas.
Logo do conto Marga quixo invitar a reflexionar sobre a idea central da historia a través dunha presentación de imaxes de parellas "diferentes", "extrañas" ou "raras" que tiñan algo en común. Ao finalizar o visionado das mesmas as nenas e os nenos presentes na sesión chegaron á conclusión de que malia o diferentes que poden ser algunhas todas elas comparten un idéntico sentimento: o amor. Para reforzar esta idea e como remate do conto fixemos un xogo de asociación das imaxes das parellas vistas anteriormente con palabras semánticamente relacionadas co afecto.

Chúzao
del.icio.us