Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

31/03/2009 GMT 1

"Mariquiña a carteira andoriña"

marga-g @ 22:07

Onte pola tardiña recibimos unha sorpresa moi especial...

Mau e Pin visitaron o noso cole. Viñeron á aula de infantil de cinco anos e alí nos xuntamos todas as nenas e os nenos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

Que non sabedes quen son ese Mau e Pin?

                        dsc07989.JPG

Pois nós volo diremos, son Quique e Carlos, escritor e ilustrador da serie de contos: "Mariquiña a carteira andoriña", "Xelo o carteiro xurelo" e "Hugo o carteiro teixugo" da Editorial Xerais.

Como vos iba decindo...estes dous personaxes contaron o conto do galo Manolo Corazones dun xeito moi peculiar, xa que mentres Mau iba contando a historia, Pin non paraba de garabatear nun papel ben grande que tiña pegado no encerado e que ao final deu en ser unha escena do conto.

                        dsc07991.JPG

A verdade é que a sesión non tivo desperdicio grazas a estes dous magníficos profesionais que non só mantiveron a atención de toda a audiencia senon que tamén provocaron a reacción e incitaron a participar e preguntar. Con eles berramos como o galo, rimos, durmimos, asexamos...e incluso pensamos.

...E falando de pensar, ocurresenos facervos unhas preguntiñas para saber como tendes a vosa memoria. Imos ver quen recorda...

  1. De quen estaba namorado o galo Manolo?
  2. Cando levaron á pita?
  3. Como quedou Manolo ante a marcha da pita?
  4. Que fixo logo Manolo?
  5. Quen sabía a dirección da galiña?
  6. Que pasou ao final?

Estas preguntiñas son sobre a historia, agora veñen unhas poucas sobre as  vosas curiosidades...

  • Que preguntou a profe Marita?
  • Que se sabe dos nomes dos doce pitiños?
  • Por que ten a cresta o galo desa maneira?
  • Casou alguén ao final do conto?
  • Por que Pin dibuxou á galiña cun ollo despegado?
  • Cal será a historia que nos conten a próxima vez que nos visiten?

Se sabedes as respostas podedes deixar un comentario neste espacio. Prometemos agasallos...

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Os nenos e nenas de 5 anos despois de moito discutir, pensamos que o galo Manolo estaba namorado da pita Agapita. Pero á galiña leváronna unha noite e o galo quedou moi triste. Entón o galo decidiu ir buscala e enviarlle unha carta. Axudoulle a carteira que sabía o enderezo. E ao final tiveron 12 pitiños.
    Despois do conto houbo moitas preguntas. A profe Marita quería saber se o galo era galego ou portugués. Soubemos que os nomes dos pitiños empezaban por "X", como Xoana. O galo levaba así a cresta porque ía á moda. E aínda que Mau dixo que non sabía se casaron ou non, parécennos que sí. A galiña tiña no debuxo un ollo despegado, porque estaba emocionada e sorprendida coa carta. Estamos desexando que volvan para contarnos o conto de "Hugo, o carteiro teixugo".

    Nenos e nenas de 5 anos | 02-04-2009 - 09:39:45 GMT 1 #

  2. Definitivamente sodes a clase ganadora!
    Noraboa a todas as nenas e nenos de 5 anos e a Patricia polo seu esforzo e boa vontade. Moitas grazas por participar no noso blogue

    marga | 19-04-2009 - 23:30:09 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis