Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

26/03/2009 GMT 1

O cadro cobra vida

marga-g @ 00:49

Esta é a última proposta con que nos sorprende a nosa querida Concha, alma mater deste proxecto documental: Trátase dunha breve representación teatral, fundamentalmente mímica, que pretende compoñer   a instantánea   que  Velázquez plasmou no cadro de Las Meninas.
Despois de  introducirnos na  imaxe  do cadro proxectada nunha pantalla,   faremos  unha pequena semblanza  dos seus personaxes,  provocando,  ao mesmo tempo, a curiosidade e certos  interrogantes a  cerca dos misterios que encerra a obra. Farase fincapé no que fai cada personaxe e nalgún detalle que o identifique.
Rematado isto, pasarase á representación teatral  en si. Un por un, e identificado cun pequeno detalle, cada personaxe irá cobrando vida no taller que o pintor ten no Alcázar de Madrid. Será precisamente Velázquez quen intente poñer orde, tarefa que lle resultará bastante difícil. Fará constantes chamadas de atención, pero sen éxito,  para que cada quen ocupe o seu posto e  poder así empezar a pintar.
A voz que anuncia a chegada dos reis á sala deterá  por un instante o movemento das figuras do cadro, circunstancia que vai aproveitar o  pintor para inmortalizar o momento, como se dunha fotografía se tratara.
A luz  do flash dunha cámara porá fin á representación.

Non perdades esta fantástica oportunidade de presenciar tan orixinal evento o vindeiro venres 3 de abril na biblioteca do noso colexio, lembrade que por fin O CADRO COBRA VIDA

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis