Un día especial con Mario Tomás
Mañá, mércores 25 de marzo, teremos o gusto de presenciar na aula de cultura de Boimorto un espectáculo de contacontos a cargo do magnífico Mario Tomás. Esta proposta, organizada polo equipo do plan lector do noso centro e patrocinada por Consorcio Editorial, pretende mostrar unha vez máis a todo o noso alumnado os mundos e submundos de fantasía que procuran os libros.
A primeira hora disfrutarán do acto as nenas e os nenos de educación infantil e primaria. Logo, ás once será o alumnado de secundaria quen cerre a sesión.

Chúzao
del.icio.us