Os maravillosos contos pola paz

A paz encheu as nosas aulas de contos, de boas intencións cara ao futuro, de reflexións, compromisos e críticas cara o presente...Velaquí un breve resumo desta pacífica e entrañable tarde:
10 soldados
Coa música de fondo de Wagner e Schubert disfrutamos hoxe do conto pacifista 10 Soldados a cargo de Fran.
A idea principal deste conto era o absurdo da guerra. O conto empeza con 10 soldados que van á guerra sen saber a razón. Van cargados de ilusións, cun sorriso nos labios e unha flor no fusil. Pouco a pouco van desaparecendo ata que só queda un que aprende da experiencia e fuxe da guerra.
A bomba e o xeneral
O noso mundo está feito de átomos, as bombas tamén. Con este punto de partida Concha quixo explicar o perigo de que estes átomos caian en mans inapropiadas.
Os átomos (canicas ou bolas) acordaron plantarlle cara ao xeneral (boneco de cartón)fuxindo das bombas, e deixaron ao xeneral rebaixado a porteiro de hotel.
Os tres cosmonautas
Natalia atopou con este conto de Umberto Eco tres cosmonautas en Boimorto, así que un deles fixo de americano, outro dun chino e a última dunha rusa. Aínda que a súa é unha relación tortuosa ao principio, a aparición dun extraterrestre fainos aprender e valorar a importancia da amizade e da diversidade.
Cando sexa grande quero ser Premio Nobel da Paz
Con este conto Isa quixo que reflexionásemos sobre o noso facer cotiá, sobre os pequenos detalles que cada día poden convertirnos en seres grises ou luminosos. Por iso abrimos ben os ollos e aprendimos a criticar as nosas propias accións.
Logo aprendimos o significado deste premio e coñecimos algunha das persoas premiadas.
GRAZAS Fran, Concha, Natalia e Isa polo voso agarimo e esforzo.

Chúzao
del.icio.us