Como quixemos pasar medo...
Hai uns días anunciouse neste blogue que este xoves as rapazas e os rapaces de 1º A contarían unha historia de terror.
Pois ben, hoxe xoves, acudimos á biblioteca. Estaba a escuras..., unhas caras alumeadas con linternas nos deron a benvida e unha suave pero inquietante música envolveunos nunha historia magníficamente relatada e dramatizada polo alumnado de 1º A.
Noraboa polo éxito acadado e as nosas sinceras felicitacións a Mar pola incansable labor de organización e en especial a Teresa polo esforzo, ánimo e contribución ao fomento e dinamización da lectura no noso centro.
...por suposto, hoxe teremos pesadelos...

Chúzao
del.icio.us
Graciñas a vos!! pero sobre todo ós rapaces que acudiron á cita, e... ós protagonistas do conto: Anabel, Alba, Meritxel, Christian, Javier, Suso, Cristina e Óscar!! bicos para todos!!
Teresa | 13-11-2008 - 23:10:37 GMT 1 #
Estivo ben, o que me gustou máis foi cando leu Óscar porque daba moito medo.
Pablo | 17-11-2008 - 12:27:04 GMT 1 #