Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

11/11/2008 GMT 1

Misterio na bilioteca, 2ª parte

marga-g @ 19:05

Debe haber meigas ou ananos no colexio...
Hoxe, no recreo,  descubrimos unhas pegadas amarelas na planta baixa.
Seguímolas polas escaleiras e chegamos ao segundo piso, vaia sorpresa cando vimos un atril cun cartel novo do detective Mickey que nos decía:
                      Ummm...
          Algo sospeitoso está pasando na Biblioteca.
                   Seguirei as pegadas...

E nós tamén as seguimos e sabedes o que atopamos?

                       dsc07535.JPG                 

Que pensades do asunto?
Que pode significar esta imaxe e ese enorme interrogante?

Non vos preocupedes porque dende a biblioteca de Boimorto seguiremos informando.

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Eu penso que ese cartel me esta a dicir algo sospeitoso que nadie sabe pero eu penso que ese cartel nos esta dicindo algo sobre unha obra de teatro relacionada co cartel.

    Elba | 12-11-2008 - 14:42:22 GMT 1 #

  2. Mimadriña, que misterio máis misterioso... É que neste cole cada día pasan cousas máis raras!

    Belén | 12-11-2008 - 18:42:56 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis