Cami volve á nosa biblioteca
Que ilusión a do venres pasado!
Resulta que o noso amigo Cami, lembrades?: O ratiño que ven da aldea "Lonxe de todo" e percorre as biliotecas de moitos coles de Galicia, estivo con nós outra vez.
Xa o xoves recibimos unha interesantísima carta que vos mostramos aquí e que nos fixo adoecer por ver a Cami:
Lonxe de todo, 7 de novembro de 2008
Ola nenos e nenas! Como estades? Que tal vos vai este ano polo cole? Xa me enterei de que estades a practicar un montón co danzarico. Eu tamén estiven practicando, pero aínda non o manexo con demasiada soltura, por dicilo dalgunha maneira… A verdade é que non o manexo nada ben, porque non vos é nada fácil, como vos sabedes. E ademais, para min, aínda é mais difícil que para vós, que nunca sei onde empeza o cordón do peón e onde remata o meu rabo!!! Teño que seguir practicando para chegar a bailalo tan ben coma vós... Pero este ano non vos teño moito tempo, xa que… empecei na escola! Mimadriña, canto chorei o primeiro día, e o segundo!… Eu que non quería ir, miña nai que si que tiña que ir, eu que non, ela que si… E ao fin, fun. E tampouco foi para tanto. Á verdade é que estou ben contento, pero xa vos contarei todo cando vos vaia visitar. E que ganas teño de vervos outra vez, nenos e nenas, e comprobar canto medrastes este longo verán. Tamén me apetece ver a vosa biblioteca, que é o meu sitio preferido do cole!... Ai a biblio! cos seus contos… Cantos contos! e poemas, cancións, receitas, cómics, revistas, panxoliñas, ditos, refráns, adiviñas, trabalinguas .... Ummm! Xa se me fai a boca auga, ...digo ..a boca queixo! A vós non, nenos e nenas? Seguro que disfrutades da maxia da lectura tanto coma min, soñando e viaxando coa imaxinación por diferentes lugares, épocas, historias, lendas e aventuras. De seguro que logo estarei aí con todos vós para poder compartir uns anaquiños de risos, parrafadas e moita, pero que moita diversión e ilusión. Un biquiño,
Cami
Esta vez contounos dous contos ben bonitos:"Timoteo va a la escuela" de Rosemary Wells
e "Los juguetes de Chuli" de Mark Inkpen.
Canto disfrutamos!
Publicamos estas fotos para que lles contedes ás mamás e aos papás, ás avoas e aos avós e a quen queirades o que vivimos, o que escoitamos, rimos e soñamos o venres pasado.

Chúzao
del.icio.us