Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

07/10/2008 GMT 1

Os contacontos volven á biblioteca

marga-g @ 12:06

Este curso empezaron os contos da biblioteca o día 1 de outubro. Ese día Fran foi polas clases tocando a flauta e acompañado por nenas e nenos disfrazados de ratos invitou a todos a escoitar o conto do Flautista de Hamelín.
imgp0307.jpg
O día 2 Belén contounos o conto Moncho e a mancha que previamente fora publicitado no taboleiro da porta da biblioteca.
O día 3 Marga levantouse do revés, foi polas clases explicando como sucedera tal cousa e prometeunos contar o conto que a fixo poñer coas zapatillas nas mans,os guante nos pes...
O luns, día 6 Natalia animounos a escoitar e descubrir adiviñas e hoxe día 7 apareceron cartas secretas, sabiamente elaboradas por Concha, en todas as clases que invitaban a subir á biblioteca na hora do recreo.
imgp0310.jpg
Seguiremosvos contando as novas de cada día.

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Gustoume moito o conto do flautista que contou Fran e tamen as adiviñas de Natalia e rinme co conto de Marga.

    Tristan | 08-10-2008 - 11:25:26 GMT 1 #

  2. gustoume o conto de belén moncho e a mancha

    Yara | 22-10-2008 - 10:25:10 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis