Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

22/05/2008 GMT 1

Carta de Cami

marga-g @ 16:38

Lonxe de todo, 23 de maio de 2008

Queridas nenas e queridos nenos,
Como estades?...Ben?
Eu tamén estou ben, moi contento de comunicarme con vós.
E pensar que agora poido escribir no ordenador e sei que podedes ler a miña carta xa, agora mesmiño...
Que barbaridade!
O que fai a tecnoloxía..., xa mo dicía a miña irmá Lupiña e a miña avoa Violeta:
"Estuda moito Cami, le moitos contos e historias e escoita con atención todo o que che din as mestras" (digo mestras porque eu sempre tiven máis mestras que mestres, e vós?

O caso é que hoxe, se dou chegado, irei pola biblioteca de Boimorto a facervos unha visita.
Non sei moi ben se poderei pillar o autobús das dez, porque ás veces, cando estou moi moi concentrado na lectura dun conto, o reloxo adianta...

Xa o levei ao reloxeiro por cinco veces, e este home, que non sei se saberá amañar reloxos, díxome que o meu reloxo andaba perfectamente, que o que tiña que facer era amañar a miña cabeza...
Vaia contestación!!
A miña familia dalle a razón ao condanado do reloxeiro e como moitas veces chego tarde aos sitios ou ás veces non chego..., agora xa me preguntan onde vou ir para ir no meu lugar e poder contar contos.

Bueno, amiguiñas e amiguiños vou ler un cacho dun contiño que atopei o outro día no banco dun parque, dicía que era un libro que pertencía ao movemento do bookcrossing.
Vaia palabriña!
E aínda lla haberá que preguntar ás profes de inglés!...
O caso é que está moi interesante, así que se me perdoades, envíovos unha forte aperta e...

Moitos, moitos, moitos bicos con sabor a queixo.

Cami

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis