Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

24/04/2008 GMT 1

Que é a primavera das letras?

marga-g @ 12:46

O Equipo de Normalización Lingüística do colexio de Boimorto propuxo unha serie de actividades en relación ao fomento da lectura e da escritura que desexamos publicar neste espacio de aventuras coas palabras e que vos mostramos a continuación:

A PRIMAVERA DAS LETRAS

Durante os meses de abril e maio agroman as flores e tamén as nosas verbas e as nosas letras.

Por iso pretendemos levar a cabo no noso “particular xardín” unha serie de actividades coa finalidade de que todos xuntos, nenas e nenos, nais e pais , mestras e mestres, profesoras e profesores, avoas e avós... poidamos recuperar e participar da beleza da nosa língua, das nosas cancións, dos ditos e refráns... e en definitiva da nosa cultura.

Esta é a nosa Primavera das letras:

1.Animación á lectura para E. Infantil e E. Primaria por parte de David Otero o venres 11 de abril.

2.Charlas do escritor Darío Xohán Cabana na casa da cultura ás nenas e nenos da ESO sobre o homenaxeado deste ano o día das letras galegas : Xosé Mª Alvarez Blázquez.

3.Proxección do corto de Chano Piñeiro “Mamá Asunción” a partires do visionado da película, cada rapaza e rapaz pode traer da súa casa unha pequena reseña-memoria histórica en relación coa emigración na súa familia ( se houbo emigrantes...) .

4.“ A ucha das palabras” “ : Facer unha ucha onde poñer aquelas palabras propias daquí,tesouros da nosa língua que só perduran na fala dos avós. Cada rapaza e rapaz pode traer 4 ou 5 palabras que sexan “descoñecidas “ pero vencelladas a esta terra.

5.“ Recuperamos as nosas cancións”: “A saia de Carolina”, “Vén bailar Carmiña”, “Na beira do mar”, “Arroz con Chícharos”.......... co obxectivo de que as rapazas e os rapaces coñezan aquelas cantigas populares que todos cantabamos nas festas, vodas, excursións...

6.“ Os contos dos nosos avós “ : Faremos un pequeno libro cos contos que aínda lembran os maís vellos da zona .

7.“O Rincón da adiviña” : cada día haberá unha nova adiviña que acertar. Quen máis acertixos resolva será quen de levar un especial agasallo.

8.Cantigas, refráns....

9.Estudamos as árbores e os arbustos do noso contorno : actividade desenvolvida polo alumnado de E.I; E.P e ESO que inclúe unha saída para o recoñecemento dos mesmos.

10.O noso festival das letras galegas : o mércores 14 de maio.

DISFRUTEMOS DA NOSA LÍNGUA E PARTICIPEMOS DESTA PRIMAVERA!!!!

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis