Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

24/04/2008 GMT 1

PRIMEIRA FASE DO EXPURGO

marga-g @ 09:22

 Onte pola tarde o profesorado de infantil e primaria decidimos adicar un tempo ao expurgo da biblioteca.

 Aínda que consideramos laboriosa a tarefa, non faltaron ganas de poñela a andar e con pó nas mans e nas orellas apartamos un lote de material que será agora recolocado nas diferentes clases para formar parte das bibliotecas de aula.

Lembramos o apartado que compre ao expurgo no noso plan inicial de organización da biblioteca

O2- EXPURGO

O expurgo consiste en apartar, momentanea ou definitivamente, materiales da colección da biblioteca para adaptala ás necesidades reais dos usuarios e aforrar tempo na localización das buscas bibliográficas. Compre realizarse unha vez ó ano.

2.1. Criterios de expurgo:
- Os cambios introducidos no centro polas reformas educativas.
- O desfase científico do contido.
- O estado físico de deterioro ou de mutilición dos documentos.
- A existencia de exemplares duplicados ou de publicacións periódicas de escaso interese.
Os materiais expurgados destinaranse ó almacen ou á reciclaxe segundo a valoración do órgano competente.
Antes de desfacerse do material, someterase á supervisión do departamento ou ciclo correspondente.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis