Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

08/12/2008 GMT 1

O misterio da biblioteca

marga-g @ 19:40

Continúan as pescudas na Biblioteca no noso Colexio para saber máis do misterio que alí se oculta.

Bos e avezados detectives xa descubriron que se trata do cadro de Las Meninas pintado por Diego Velázquez no ano 1656.

As investigacións seguen a bo ritmo.

Parabéns!

                               dsc07594.JPG          

04/12/2008 GMT 1

SEMPRE EN GALIZA

teresa.adran @ 16:10

imgp0101b.jpgOs rapaces de 4º da ESO leron hoxe o apaixoado texto de Castelao escollido por Sabela. Entre as cores das árbores e do mar, un tributo á vaca galega espertou o soriso e recoñeceu a gratitude entre os oíntes. Sempre gusta lembrar quen somos. Sempre en Galiza.

Grazas de novo, Paula, Iria, Lucas e Ana pola vosa impecable declamación.

30/11/2008 GMT 1

Advertencia

marga-g @ 22:24

 ATENCIÓN!!!!

Tres libros andan soltos pola escola!

Tres peligrosos libros fugáronse o venres á tarde da biblioteca de Boimorto, os tres deixaron unha nota na que declaraban a súa intención de liberarse e ver mundo e amenazaban con visitar todas as nosas casas...

Pese a intensa búsqueda, os tres contos continúan en paradero descoñecido.

Agradeceremos a todas as persoas que poidan dar algunha pista que o comuniquen inmediatamente deixando algún comentario neste blogue.

Dos fugados o curso pasado, dous foron capturados e un segue en busca e captura.

Continuarán os operativos de búsqueda

29/11/2008 GMT 1

Proclama do INVERNO

marga-g @ 21:21

Toda unha sorpresa.

O venres, xustiño antes de sair para o recreo, recibimos o aviso de sair das aulas para concentrarnos no corredor da planta baixa.

Expectantes e agardando quen sabe que, escoitamos a voz de Mini que acompañado do clarinete de Fran deu lectura á proclama do INVERNO que aquí vos achegamos:

                

dsc07583.JPG

AVISO  A  TODOS  E  A  TODAS  

Eu, o Inverno, señor dos fríos, señor da xeada, señor da neve, señor da fame, señor do vento que tolle, señor da escuridade, purificador da vida. Temido polos paxaros, pola vexetación, matador de insectos, acosador dos animais, o que debilita ó Sol, o que nega a luz e a calor, facedor de catarros e gripes… Fago saber a todos e a todas: Que como falta pouco para que apareza con toda a miña forza van sendo horas de que vos preparedes e me festexedes como merezo. Dado que o meu traballo é facervos padecer esíxovos que me recibades coa esperanza da vida que vos quero apagar. Requírovos, pois, a que comecedes a preparar a Grande Festa da Esperanza da Luz: O  NADAL. Cando chegue a miña hora quero ver este Colexio debidamente adornado, preparado e co espírito ó xeito para que os meus rigores non vos afecten en demasía.   

            ¡Quedades competentemente avisados!  

27/11/2008 GMT 1

O Romanticismo na biblioteca

marga-g @ 21:17

E foi o sonido dunha máquina de escribir a que sin prisa pero sin pausa abriunos a porta a un percorrido poético da man das grandes figuras do romanticismo: Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer.

    rosalia.jpg     becquer.jpg

Esta vez foi o alumnado de 4º de ESO baixo a dirección de Carla quen deu vida á biblioteca no recreo do xoves.

A posibilidade dun hipotético encontro entre Rosalía e Bécquer iniciou esta emotiva sesión na que disfrutamos de poemas sobre o amor, a morte e a soedade e que rematamos coas seguintes palabras que trataron de condensar o espíritu da sesión:

"La literatura romántica es fruto de una experiencia íntima, de una vivencia

sentimental del poeta"

"El pesimismo es el mal del siglo. Un mal que casi todos acarician"

A ilusión dos contos

marga-g @ 13:22

Onte foi un día importante.

A nova edición do ciclo de contos que celebramos onte pola tarde deixounos con ganas de máis e máis contos...

dsc07567.JPG
 O entrañable conto da toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza na doce e agarimosa voz de Mar,
dsc07563.JPG
a sublime interpretación de Belén e Patricia á busca do animal poseedor daquel misterioso rabo,
dsc07574.JPG 
a magnífica dramatización feita por Isabel e acompañada duns fascinantes debuxos de Nadarín
  
dsc07568.JPG
  e os encantadores ratos cos que nos agasallou Estela e cos que vivimos a historia movéndoos ao ritmo do conto de Laura e os ratos...
encheron de MAXIA o noso cole e alumearon os nosos olliños de ilusións renovadas.

Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible esta ilusión.

25/11/2008 GMT 1

Nova edición do ciclo de contos

marga-g @ 10:44

Como sabedes, o ciclo de contos é unha iniciativa do plan lector que se celebra mensualmente. A edición deste mes levarase a cabo o mércores 26 de novembro pola tarde.
Nesta ocasión os contos ofertados son:

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
De quen é este rabo?
Nadarín.
Laura e os ratos.

Logo de ler a publicidade dos contos que tan ben elaboraron as rapazas e os rapaces de 5º e 6º de primaria, non teño eu nada claro por cal decidirme..., parécenme todos moi interesantes, e vós? xa sabedes a cal ir?

dsc07548.JPG

O da toupiña faime moita gracia, co do rabo sinto moita curiosidade por saber de quen é , o de Nadarín xa me gusta polo título e o de Laura e os ratos teño tamén moitas ganas de escoitalo.

Que poido facer?
Como escolledes vós?
Preguntades ás amigas e aos amigos polos outros contos?

Bueno, penso que teño que volver a ler o cartel para poder decidir, e xa só queda un día...

21/11/2008 GMT 1

2º A na biblioteca

marga-g @ 10:08

Dentro das actividades de animación á lectura que se están levando a cabo no noso centro, onte as alumnas e os alumnos de 2º ESO –A   fixéronnos pasar un rato moi agradable mentres nos lían uns relatos en clave de humor: “La historia del pegamento”, “La historia de las Pips”, “La historia del Pantocrox”.  Anxo Grande proxectou durante a lectura uns debuxos que fixo el mesmo para ambientar a lectura.

Moitas grazas a Anxo e ao alumnado de 2º A  por participar nesta aventura.
A vindeira semana temos outra cita na biblioteca e esta vez será o alumnado de 4º ESO quen nos deleite cun recital de poemas.

17/11/2008 GMT 1

Misterio na biblioteca, 3ª parte

marga-g @ 13:17

Xa sabemos de que vai este misterio, veredes...

A mediados da semana pasada apareceron uns carteles ao lado de cada aula que decían as normas de participación no misterio da biblio:

  1. Ter ansia por observar o mural da biblioteca.
  2. Ler a pregunta que se formulará cada semana.
  3. Buscar a resposta en libros, enciclopedias, internet ou preguntando.
  4. Escribir a resposta nun papel da biblioteca engadindo o nome.
  5. Introducir a resposta no buzón da biblio.
  6. A nosa participación será recompensada cun biblio-rato.

Queredes participar?

Esta semana apareceu a pregunta :

QUE É?

Xa metístedes a vosa papeleta no buzón? e... que será un "biblio-rato"?

Animádevos a participar!

13/11/2008 GMT 1

Como quixemos pasar medo...

marga-g @ 22:12

Hai uns días anunciouse neste blogue que este xoves as rapazas e os rapaces de 1º A contarían unha historia de terror.

Pois ben, hoxe xoves, acudimos á biblioteca. Estaba a escuras..., unhas caras alumeadas con linternas nos deron a benvida e unha suave pero inquietante música envolveunos nunha historia magníficamente relatada e dramatizada polo alumnado de 1º A.

                           imgp0379.JPG

Noraboa polo éxito acadado e as nosas sinceras felicitacións a Mar pola incansable labor de organización e en especial a Teresa polo esforzo, ánimo e contribución ao fomento e dinamización da lectura no noso centro.

...por suposto, hoxe teremos pesadelos...

 

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis