...e foi correndo a un prado onde había vacas. Como estaba cansa sentouse encima dunha rocha.

Pero non era unha rocha, senon unha vaca que estaba deitada. A vaca asustouse moito, e Margarita tamén ao vela. E botaron a correr.
Correndo, correndo chegou a Santiago e alí colleu un avión porque quería viaxar a Canarias. Quería poñerse morena e comprar un vestido.
Cando chegou a Canarias tumbouse na area, botou crema e comeu un xeado.
Como facía moita calor foi a nadar e atopou un golfiño que estaba triste porque se perdera.
O golfiño dixo que se subise nas súas costas para ir a pasear e Margarita aceptou.
O golfiño levou a Margarita a unha illa chamada As Palmas, onde había moitas palmeiras e o centro comercial máis grande de España.
Margarita e o golfiño atoparon unha chave na area cando estaban xogando. Tamén había unha pa ao pé dunha palmeira, coa que se puxeron a excavar.
Margarita e o golfiño atoparon un cofre agochado na area.
Abriron o cofre e había un tesouro e un biberón.

Logo apareceron uns piratas que levaron o cofre, o golfiño e á Infanta para o barco.
Pero antes de marchar para o barco decidiron abrir alí mesmo o cofre. E del saíu...unha pantasma!
A infanta aproveitou o momento para fuxir dos piratas e botou a nadar cara unha illa deserta.
Despois de nadar un anaco, Margarita estaba esgotada, xa case non daba avanzado e íase afundindo. De súpeto notou que alguén termaba dela e a arrastraba ata a area: era o golfiño que conseguira escapar dos piratas!.

Cando pisou a praia, a infanta tumbouse e adormeceu. Mentres durmía soñou que estaba xogando co can do palacio e que ría moito cos bufóns.
E cando espertou, empezou dar brincos e a berrar:
-Quero volver á casa! Quero volver á casa!.
Cando se fixo de noite, Margarita viu unha estrela fugaz que lle cumpriu o seu desexo...

E colorín, colorado Margarita está no cadro.
Este orixinal e divertido conto foi creado polo alumnado de educación infantil e primaria e editado en flash polas nosas compañeiras Patricia e Isabel. Grazas ao seu esforzo e constancia poidemos disfrutar das aventuras de Margarita cando escapou do cadro...