Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

27/10/2009 GMT 1

Roberto e Celia

marga-g @ 15:22

 

32.jpg

O que lle pasou a Martiño...

marga-g @ 15:18
21.jpg

Ciclo de contos 2009 - 2010

marga-g @ 15:16
cartel12.jpg

Gústavos a nosa carteleira de contos?

A que esperades para ler os anuncios e decidir o conto ao que iredes o vindeiro xoves 29 de outubro?

Apresurádevos e deixade algún comentario neste blogue, tal vez nos convenzades de ir a algún...

Falemos do SAMAÍN

marga-g @ 00:57
dsc00206.JPG
O aire cheira a fume.
Xa estamos a finais de outubro…
A luz decae e a noite vaise apoderando das horas, horas que aproveitaremos para conversar, para ler, para soñar…
Aproveitando a oscuridade…, hoxe queremos que investiguedes, que busquedes información sobre O SAMAÍN.
Subide á biblioteca e achegádevos ao mural da exposición temática. Lede a pregunta que vos formulamos e...
...a buscar nas enciclopedias,
...a investigar en internet,
...a bucear nos libros...
Si atopades a resposta, cubride unha papeleta cos vosos datos personais e introducídea na boca "que todo o come".
Non perdades tempo, non o dubidedes. As nenas e os nenos que máis investiguen serán galardonados como os mellores samaineiros.
Esperamos as vosas respostas!

21/10/2009 GMT 1

Bases do concurso de creación e deseño dos personaxes guía do camiño

marga-g @ 12:58

 O Equipo de Biblioteca do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto

CONVOCA

Ao alumnado de lnfantil, Primaria, Secundaria e PCPI deste centro, a participar na creación e deseño dun personaxe-guía do

  PROXECTO DOCUMENTAL: "CAMIÑO DE SANTIAGO".

 BASES

1. Ser estudiante do colexio de Boimorto.
2. Que sexa unha creación persoal e sen axuda.
3. O debuxo terá unha base de vieira.
4. Elaborar un personaxe que sirve de guía camiñante do "Camiño de Santiago".
5. Deberá dárselle un “nome” polo que cada personaxe entregado terá un nome orixinal que o identifique. Dito nome entregarase aparte, nunca integrado no debuxo.
6. Poderase empregar calquera técnica artística: cera, pastel, acuarela, collage...
7. O debuxo non terá ningunha letra, palabra ou frase.

ENTREGA

1. As persoas concursantes deberán entregar as súas propostas a Concha, Fran ou Marga antes do vindeiro 6 de novembro de 2009.    
2. En folio aparte deberán engadir a seguinte información:
• NOME DA/DO  PARTICIPANTE
• CURSO
• NOME DO PERSONAXE

 PREMIOS

* Un xurado revisara todos os deseños recibidos e elixirá os  mellores
* A decisión do xurado será inapelable
* Publicaranse todos os deseños concursantes no blogue da biblioteca
* O día 13 de novembro publicarase cal son as/os gañadores.
* Os premios non serán en metálico e estarán relacionados coa lectura. Serán entregados ao finalizar o proxecto documental.
Cualquera dúbida, dirixídevos ao comité organizador: Concha, Fran ou Marga                                                  

 Equipo de Biblioteca
 

E polo "Camiño de Santiago"...

marga-g @ 12:50

 

cartel-definitivo.bmp

UAUUUUUUU!!!!!

VAIA CHULADA!

E esto de que vai?????

Novo Proxecto Documental na biblioteca

marga-g @ 12:46

Se "As Meninas" foi interesante..., veredes "Camiño de Santiago", título do novo proxecto documental lanzado dende a biblioteca do noso centro...

Abride ben os olliños, escoitade polos corredores e non perdade detalle porque dígovos de verdade que este proxecto promete...

07/10/2009 GMT 1

Porque os monicreques molan...

marga-g @ 23:17

Que divertida foi a sesión de monicreques da compañía Matapiollos que disfrutamos hoxe na biblioteca!

Aínda que non é nada fácil, intentaremos resumirvos parte do espectáculo, veredes...

dsc00060-1.JPG

Trapos e Anteollos, monicreques, e residentes nun armario vermello son moi diferentes o un do outro; mentres Anteollos pasa o día lendo, Trapos non para de queixarse sobre o seu destino.

O que ao principio parece unha simple canción na que Anteollos reflexiona sobre a vida dun monicreque, artella de forma singular a obra que pouco a pouco vaise desfiando ata convencer a Trapos e ao público de que os monicreques "molan" xa que con eles podes ser pirata, princesa dun conto de fadas, mago dun bosque encantado, subir ao ceo...

O contrapunto de Anteollos, representante e defensor da lectura e da imaxinación o pon Trapos, para quen as letras da palabra "monicreque" teñen un significado ben especial:

m de manipulados

o de oprimidos

n de ninguneados

i de illados

c de castigados

r de relegados

e de esquecidos e 

que de quero ser un neno

A pesar do persuasivo que pode ser Trapos, a entrada en escena dunha polilla e dunha nena dan unha viraxe á historia e amodiño pero sen pausa vamos decatándonos de que non hai nada mellor que viaxar coa imaxinación e que a lectura de contos é unha fonte inagotable de ideas, de recursos para disfrutar, para xogar e para dar saída aos outros "eus" que todas e todos levamos dentro.

dsc00087-1.JPG

                                         

dsc00098-1.JPG

 Noraboa Trapos, Ofelia pola vosa profesionalidade. Que non sexa esta a última vez que poidamos disfrutar dunha das vosas obras. 

Monicrequeando na biblioteca

marga-g @ 07:37

Hoxe mércores, 7 de outubro teremos unha actividade de monicreques na biblioteca do centro.

Haberá dous pases:

  • 1º pase de 10:00 h a 11:00 h para as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria.
  • 2º pase de 12:00 h a 13:00 h para as nenas e os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria.

Monicrequeando é unha campaña de dinamización lingüística e animación á lectura que ofrece a editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Educación.

Dita campaña, arredor da nosa lingua e arredor dos monicreques quere poñer en valor:

  • A palabra: A nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte, o entretemento...
  • O teatro de monicreques: Como unha valiosa forma de expresión artística.
  • O xogo: O descubrimento do teatro de monicreques como unha forma de lecer completa, creativa e divertida.
  • A lectura: Porque os libros son compañeiros fieis que nunca deben faltar na túa vida.

Seguro que monicrequearemos un rato moi especial...

04/10/2009 GMT 1

Quen lle ten medo á bruxa?

marga-g @ 11:20

dsc00045.JPG

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!

CONTO DIXITAL NA BIBLIOTECA!!!!!

QUEN LLE TEN MEDO Á BRUXA?

SERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 5 DE OUTUBRO !!!!!!!

    NON      FALTEDES      Á  CITA!

As nenas e os nenos de 5º de E.P. decidiron tomar o patio o venres no recreo e anunciaron vestíndose de nena, neno anuncio o conto que escoitaredes mañán no recreo.

                                 

dsc00044.JPG

 

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis