Pois sí, xa que nós non podiamos ir ao circo da nai de Cami, os nosos amiguiños trouxeron o circo a Boimorto.
Que espectáculo tan fabuloso!!!
Grazas, grazas e máis grazas, non só polos contos tan ben escollidos, senon tamén polos fantásticos números cos que quedamos totalmente abraiadas.
Intentaremos resumir parte da vosa visita para que aquelas persoas ausentes poidan cando menos imaxinar o que alí aconteceu.
Primeiramente a nai de Cami disfrazou a este de presentador de circo e fixo un número de equilibrio sobre zancos, outro de malabares e un de maxia. Logo contaron o conto: Olivia salva o circo, con el aprendimos todas as posibilidades que o circo ofrece.
Mais o que realmente nos entusiasmou foi o circo das mans. Foi sorprendente decatarnos do que poden expresar as mans cando hai arte e inxenio nas cabeciñas que lles dan vida. Con simples guantes aderezados con significativos detalles e complementos fixéronnos presenciar diferentes números do circo a cada cual máis singular, orixinal e intelixente. Dende o número das bailarinas, ata o do home bala, pasando polo do zanqueiro, lanzador de coitelos, bailarín de break-dance ou equilibrista sen rede nin colchón.
Magníficos!!!!!!!!!!!!!!!
Finalmente o conto que traían preparado para remate da sesión O elefante encadeado resultou ter un fondo tan optimista que conseguiron que todas as persoas presentes sairamos da biblioteca convencidas de perseguir os nosos soños, porque sabemos que si o intentamos, fallaremos unha, dúas, tres ou mil veces pero de seguro que os terminaremos alcanzando.