Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

01/12/2009 GMT 1

Os microorganismos patóxenos

marga-g @ 21:49

Mañán, mércores día 2 de decembro poderedes disfrutar dunha nova sesión de animación á lectura no recreo de secundaria.

Nesta ocasión será a nosa amiga Mar acompañada por parte do alumnado de 1º de ESO a encargada de dar vida a esta presentación.  A temática traballada, como ben indica o título é de corte científico, aprenderemos o que son os microorganismos, como nos defendemos deles e moitas cousas máis.

dsc00727.JPG

Xa sabedes que estades todas e todos invitados a participar desta animación e a coñecer novos e interesantes datos destes pequeno seres.

Non esquezades que será á hora do recreo de secundaria.

Esperámosvos!

Entrega de premios

marga-g @ 00:52
dsc00721.JPG
dsc00722.JPG
dsc00725.JPG
dsc00723.JPG
Ás veces as imaxes valen máis que mil palabras...
NORABOA NATALIA, ARIADNA, Mº CARMEN E TRISTÁN!!!!
O día 30 de novembro coñecimos o fallo do xurado do concurso-deseño dos personaxes-guía do novo proxecto documental "Camiño de Santiago". Concha, como representante do proxecto, relatou o difícil que lle fora ao xurado decidirse polos personaxes, xa que moitos dos entregados eran de gran calidade e orixinalidade.
Se facedes memoria unha das condicións dos deseños era empregar a imaxe dunha vieira como elemento integrado no personaxe.
Pois ben, temos que dicir que houbo de todo: vieiras con pernas e brazos, vieiras que facían de sombreiro, capa ou saia, vieiras colgadas do bastón do camiñante etc, foi relamente difícil...Mais finalmente o xurado tiña que tomar unha decisións e despois de árduas deliberacións decidiu que os personaxes que de agora en adiante dirixirán o camiño serán:
DONA
MARELIÑA
CARACUNCHA e
COCOTE

DONA foi creado por Natalia de 3 anos
MARELIÑA por Ariadna DE 4º de EP
CARACUNCHA por Tristán de 5º de EP e
COCOTE por Mª Carmen de 5º de EP

29/11/2009 GMT 1

O noso ciclo de contos

marga-g @ 23:37

Pois si, tiñades razón, unha nova edición do ciclo de contos estaba a piques de se celebrar. Nesta ocasión o grao de expectación foi maior xa que ata o último día non soubemos en que momento se celebraría, e aínda máis, no cartel dos anuncios faltou a publicidade dun ata esa misma mañán...

O resultado, coma sempre, espectacular.

Tanto o conto de Boubou e Baia, a xirafa contado por Mar coma os contos de medo de Mini tiveron moi boa acollida.

dsc00708.JPG  dsc00710.JPG

Con Nicanor ten un tractor, Marita nos fíxo recordar todos os sons que vos poidades imaxinar e ao final tivemos unha gran sorpresa cando nos agasallou cun monicreque do tractor.

               dsc00709.JPG    dsc00715.JPG    

E Concha nos atrapou co seu  marabilloso conto e coa máxica araña que non paraba de atrapar animais. O que nos fixo pensar..., como un elefante podía rescatar a todos aqueles animais atrapados na tea de araña?

dsc00706.JPG

A resposta tivémola ao final. Xa que gustou tanto, convenceremos a Concha para que nolo volva a contar un día no recreo, vos parece ben?

dsc00712.JPG

26/11/2009 GMT 1

Adiviñades o que vai pasar mañán?

marga-g @ 23:06

Vaia anuncios tan bonitísimos...

Xa o tedes claro? 

dsc00600.JPG

 Eu aínda non.

dsc00599.JPG

Se cadra irei a escoitar este...,

dsc00678.JPG
Mais creo que me falta un..., a vós danvos as contas?

O señor Ramón

marga-g @ 22:43

Que luxo!

Entrañable, enriquecedora e tenra foi a sesión de animación á lectura que hoxe tivo o pracer de disfrutar o alumnado de infantil de 3 e 4 anos e de 1º de primaria.

O protagonista foi o señor Ramón, o pai de Marita, que aos seus noventa e tantos anos deixounos coa boca aberta pola súa sabedoría, pola súa memoria e polas súas ganas de compartir.

dsc00682.JPG

Comezou falando da guerra, de historias reais que nos fixeron conscientes das penurias e necesidades de non hai tantos anos, intercalou coplas, rimas e poemas da súa xuventude, contou contos e chistes e ata cantou.

O señor Ramón, xa non é o señor Ramón para nós, é un poeta, un bromista, un contacontos, un cantante e sobre todo un amigo por deixarnos entrar no seu mundo.

Coa historia de "Pelos Tortos", recuperada gracias á memoria de Marita e de Ramón, vivimos uns momentos de maxia xa que as nenas e os nenos de primeiro demostraron o ben que aprenderan o estribillo cando llo devolveron recitado ao seu amigo:

 "Cando eramos vivos, a esta figueira viñamos comer figos,

e agora que estamos mortos, vimos buscar a Pelos Tortos"

Tamén Andrea, Alex, Nerea, Alba e Miriam acortaron distancias ao facer rir ao noso invitado.

       dsc00689.JPG      dsc00694.JPG      dsc00693.JPG

En fin, que a hora que estivo con nós quedouse ben curta polo que esperamos telo de novo outro día para seguir disfrutando das súa maravillosa memoria. Grazas Marita, Manolo, Ramón por facer desta unha mañá especial na que tres xeracións se fundiron nunha,  e sobre todo, por invitarnos a valorar aos nosos maiores.

E botaron a voar...

marga-g @ 00:56

E por fin botaron a voar os contos voadores.

Despois de anunciar durante uns días que un par de contos estaban a piques de se botar a voar, finalmente deixáronse ver onte. Apareceron nos carteis do club dos contos voadores e... sabedes quenes foron os máis rápidos en collelos? 

Ariadna de 4º de E.P. e Brian de 2º de E.P.

Os LIBROS VOADORES son:

  • Negros e brancos de David Mckee. Este conto de elefantes quere visitar as casas das nenas e dos nenos de infantil e 1º ciclo de primaria.
dsc00419.JPG
  • ¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey. Este conto será comentado no club de lectura polo alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria.
dsc00421.JPG

Sorte para collelos!!!!!!!!!!!!!

25/11/2009 GMT 1

O noso club de lectura

marga-g @ 15:28

No buzón de noticias da bibloteca apareceu a seguinte información:

O Club dos contos voadores é un club de lectura.
Que tes que facer para pertencer a este club?
LER, LER E LER…os contos que cada dúas ou tres semanas se poñan a voar.
Os contos voadores estarán nos carteles da planta de abaixo esperando a que os collas, os leas e os pases a outras mans.
Cando collas un conto, apunta o teu nome e o teu curso na plantilla dos nomes, leva o conto para a túa casa e cando o remates vólveo a poner no seu sitio para que outras nenas e outros nenos disfruten con el.
Cada quincena reunirémonos  na biblioteca para falar, ver, sentir ou rir… mais só poderán vira quelas nenas e nenos que leran o conto voador.
Ánimo e que teñas sorte para cóllelo!!!!!
Prometemos sorpresas!!!!!!

CLUB DOS CONTOS VOADORES
Equipo de Biblioteca CPI de Boimorto

dsc00596.JPG

O buzón da bilioteca

marga-g @ 15:26

 Nestes días apareceron uns buzóns de plástico violeta ao lado de cada porta das clases de educación infantil e primaria.

dsc00598-1.JPG

Ditos buzóns servirán para anunciar as actividades de animación á lectura que dende a biblioteca se queren dar a coñecer. Deste xeito, todas as nenas e os nenos estarán informados para poder participar.

Mirade logo de cando en vez o voso buzón e participade.

23/11/2009 GMT 1

Presentación dos personaxes-guía do "Camiño de Santiago"

marga-g @ 18:13

Comunicámosvos que o vindeiro luns, 30 de novembro, farase a presentación oficial dos personaxes guía do camiño que foron seleccionados polo xurado de entre todos os debuxos entregados. Ditos personaxes guiarán o proxecto documental que se vai desenvolver este curso: "Camiño de Santiago".

Falemos do Samaín

marga-g @ 17:58

Xa que o mes de defuntos remata o vindeiro día 30 de novembro, aproveitaremos ese día para facer entrega dos premios do proxecto documental "Falemos do Samaín" que foi convocado a principios de mes polo equipo de biblioteca.

Neste acto daremos, tamén, lectura ás preguntas expostas no mural e ás súas correspondentes respostas polas persoas premiadas.

dsc00432-1.JPG

Por certo..., excaváchedes o suficiente no pasado para atopar a Anacleto?

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis