Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

22/12/2009 GMT 1

Unha visita polo mosteiro de Sobrado dos Monxes

marga-g @ 00:13

Co título "Unha visita polo mosteiro de Sobrado dos Monxes", o alumnado de 4º de ESO PDC, baixo a dirección de Anxo Pérez, ofreceunos o pasado venres unha interesante presentación coa que percorrimos as diferentes estancias do mosteiro de Sobrado e explicounos algo sobre a súa historia.

Tanto a maxistral posta en escena -na que as alumnas e os alumnos ían subindo a un improvisado púlpito cheo de velas-, como a presentación con imaxes das diferentes dependencias do mosteiro nas que aparecen cada un deles tivo unha gran aceptación entre o variado público no que había alumnado de primaria e de secundaria.

A verdade é que aprendimos unha morea de cousas:

  • Que o mosteiro ten máis de 1000 anos, xa que naceu no ano 952.
  • Que foi obra dos condes de Présaras Hermenegildo e Paterna.
  • Que pertenceu á orde do Císter, polo que tivo hospedería, enfermería, muiño, forxa, pombal, granxa, obradoiros...
  • Que o núcleo monacal componse de igrexa, tres claustros, unha sala capitular, un refectorio ou comedor, unha cociña e outras dependencias para o desenvolvemento da vida dos monxes como os dormitorios...

Moitas grazas a todo o grupo e ao seu profesor polo esforzo e interese por participar nunha dinamización da lectura.

Teatro de títeres en 4º de Primaria

marga-g @ 00:12

O venres, día 18 de decembro celebramos na clase de 4º de Primaria o ciclo de contos deste mes cun formato moi especial: un teatrillo de títeres dirixido por Fran e protagonizado por Ari, Rafa, Dani, Alex, Eva e Vanesa.

Todo comeza cando Roi, un ratiño ben simpático, disponse a sair da súa guarida para celebrar un magosto na escola e vese impedido ao ter a un gato comellón facendo garda ao lado do seu tobo. Cando xa se ve perdido e incapacitado, un ourizo dunha castaña lle cae na cabeza e o gato ao mordelo sae escarmentado, resolvendose deste xeito a situación e indo finalmente ao magosto.

Tanto a entretenida historia como as fantásticas voces coas que deron vida aos personaxes, a canción de rap e as cancións tradicionais que deron unha nota de cercanía ao conto fixeron as delicias de grandes e pequenos.

Moitas grazas, Fran, nenas e nenos de 4º polo voso esforzo e colaboración.

14/12/2009 GMT 1

Lupiña e Violeta aterrizaron en Boimorto

marga-g @ 00:20

Despois dunha longa viaxe polo espazo, Violeta e Lupiña, avoa e irmá do rato Cami, aterrizaron na biblioteca do cole de Boimorto o pasado venres ás doce, ante as miradas abraiadas e estupefactas de todas as nenas e os nenos.

Vaia nave espacial tan chula!!!

A sesión con elas foi divertidísima: Empezando pola fala de Lupiña que chegou falando en alieníxena e  seguindo coa desorientación da avoa Violeta á quen lle tivemos que recordar que nas bibliotecas non se debe comer, beber, fumar, levar animais, chamar por teléfono, etc, etc, etc

Por suposto lembrámonos do noso amigo Cami que non poido vir por ter o cú cheo de granos, posiblemente polos experimentos que fixeron os astronautas cos ratos que iban na nave...Dende aquí lle enviamos unha forte aperta para que mellore.

Por último dicir que as nosas amigas contáronnos dous contos preciosísimos cos que disfrutamos e reflexionamos moito, moito: Segredo de familia e El muro.

Moitas grazas Lupiña, Violeta por aterrizar no noso cole, esperamos volver a soñar con vós.

10/12/2009 GMT 1

Finalistas do concurso

marga-g @ 23:22

 

E os deseños finalistas, de entre os que o xurado tivo que escoller  foron... 

 

dsc00703.JPGdsc00696.JPG

dsc00701.JPG

                          

dsc00698.JPG

dsc00695.JPG                         dsc00702.JPG

dsc00699.JPG
dsc00700.JPG

 

    

dsc00697.JPG

  

Recordades cales foron os personaxes gañadores e como se chamaban ? 

 

 

Personaxes guía Camiño de Santiago

marga-g @ 22:54

Tal e como vos prometeramos, no enlace que tedes  aquí podedes ver todos os deseños que presentástedes. Só faltan os finalistas que colgaremos en canto poidamos.

Queremos agradecervos dende este espazo para a difusión a vosa participación, tanto a vós, nenas e nenos como ao profesorado que animou e dinamizou a actividade.

Moitas grazas.

http://picasaweb.google.es/margagalicia/PersonaxesGuia?authkey=Gv1sRgCKie-I6djIjL9AE#

09/12/2009 GMT 1

Adiviñades agora?

marga-g @ 23:36
dsc00739.JPG

Este venres vai pasar algo...

marga-g @ 11:22

Sabedes o que vai pasar este venres?

Terá que ver con un conto?

Haberá algunha visita importante na biblioteca?

Celebrarase un ciclo de contos?

Será o venres a festa do club de lectura?

Imaxinade, poñede a andar o voso espíritu investigador e contádenos se xa sabedes o que vai suceder...

Prometemos resolver o enigma.

04/12/2009 GMT 1

Brancos e Negros

belengmoran @ 12:18

É un conto estupendo. Ánimo rapaces, collede o libro e así entraredes formar parte do clube!!.Pasade unha boa ponte!

03/12/2009 GMT 1

Onde irán estes camiñantes?

marga-g @ 00:13
dsc00681.JPG

Xa hai días que vimos observando as siluetas duns camiñantes polos corredores do centro.

Primeiro foi un, logo outro, e outro..., a medida que ían aparecendo, tamén as preguntas ían cobrando vida nas nosas mentes:

Onde irán estes camiñantes?

Que relación teñen co noso colexio, coa nosa vila, coa nosa contorna?

Que levarán nos seus macutos?

dsc00679.JPG

Manterémonos cos ollos ben abertos, seguiremos observando e investigando e vos informaremos de todo o que vaiamos aprendendo.

Lectura científica na biblioteca

marga-g @ 00:02

E vaia se aprendimos...

Brillante presentación e lectura a que fixeron hoxe algúns alumnos de 1º de ESO na biblioteca.

dsc00735.JPG

"Os microorganismos non son extraterrestres nin especies descoñecidas, son bichiños que conviven con nós desde a orixe da terra", así comenzou a interesante exposición que aleccionou a un variado público ávido de información.

Queredes saber o que aprendimos?

  • Que os microorganismos son as formas de vida máis simples que existen, o seu nome quere dicir "vidas pequenísimas".
  • Que os microorganismos poden ser bacterias, virus, protozoos e fungos.
  • Que gracias a eles a auga permanece limpa e as plantas poden medrar.
  • Que algúns virus, bacterias e fungos poden provocar enfermedades como a gripe ou a varicela.
  • Que os microorganismos entran no noso corpo a través da pel, o nariz ou a boca. Por iso é tan importante a hixiene.

Aínda aprendimos máis pero preferimos que sigades investigando vós.

Gracias Mar, Paula e alumnos de 1º por tan entretenida presentación.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis