Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: PROXECTOS DOCUMENTAIS

22/06/2009 GMT 1

Margarita escapou do cadro e...

marga-g @ 22:48

...e foi correndo a un prado onde había vacas. Como estaba cansa sentouse encima dunha rocha.

                      5.jpg

Pero non era unha rocha, senon unha vaca que estaba deitada. A vaca asustouse moito, e Margarita tamén ao vela. E botaron a correr.

Correndo, correndo chegou a Santiago e alí colleu un avión porque quería viaxar a Canarias. Quería poñerse morena e comprar un vestido.

Cando chegou a Canarias tumbouse na area, botou crema e comeu un xeado.

                       6.jpg      

Como facía moita calor foi a nadar e atopou un golfiño que estaba triste porque se perdera.

O golfiño dixo que se subise nas súas costas para ir a pasear e Margarita aceptou.

O golfiño levou a Margarita a unha illa chamada As Palmas, onde había moitas palmeiras e o centro comercial máis grande de España.

Margarita e o golfiño atoparon unha chave na area cando estaban xogando. Tamén había unha pa ao pé dunha palmeira, coa que se puxeron a excavar.

                         3.jpg      

Margarita e o golfiño atoparon un cofre agochado na area.

Abriron o cofre e había un tesouro e un biberón.

                           12.jpg

Logo apareceron uns piratas que levaron o cofre, o golfiño e á Infanta para o barco.

Pero antes de marchar para o barco decidiron abrir alí mesmo o cofre. E del saíu...unha pantasma!

A infanta aproveitou o momento para fuxir dos piratas e botou a nadar cara unha illa deserta.

Despois de nadar un anaco, Margarita estaba esgotada, xa case non daba avanzado e íase afundindo. De súpeto notou que alguén termaba dela e a arrastraba ata a area: era o golfiño que conseguira escapar dos piratas!.

                           14.jpg

Cando pisou a praia, a infanta tumbouse e adormeceu. Mentres durmía soñou que estaba xogando co can do palacio e que ría moito cos bufóns.

E cando espertou, empezou dar brincos e a berrar:

-Quero volver á casa! Quero volver á casa!.

Cando se fixo de noite, Margarita viu unha estrela fugaz que lle cumpriu o seu desexo...

                          15.jpg

E colorín, colorado Margarita está no cadro.

Este orixinal e divertido conto foi creado polo alumnado de educación infantil e primaria e editado en flash polas nosas compañeiras Patricia e Isabel. Grazas ao seu esforzo e constancia poidemos disfrutar das aventuras de Margarita cando escapou do cadro...

17/06/2009 GMT 1

I Gran Tómbola de Boimorto

marga-g @ 23:45

Este venres 19 celebrarase a I Gran Tómbola de Boimorto!!!!!

Xuntarémonos no patio cuberto ás 10:00 horas, alí faremos unha pequena asemblea onde se vos explicará, nenas e nenos, a onde tendes que ir cos vosos biblioratos para conseguir os pequenos premios e onde vos teredes que colocar para esperar a vosa quenda.

NON VOS PERDADES ESTE IMPORTANTE ACONTECIMENTO!!!

Esta actividade final é a culminación do proxecto de "As meninas" que se desenvolveu durante este curso na biblioteca e que grazas á colaboración do profesorado e do alumnado participante, e en especial grazas a Concha, convertimos no proxecto estrela deste ano.

10/05/2009 GMT 1

E o cadro cobrou vida...

marga-g @ 23:31

Brillante introducción a de Concha que ademáis de coordinar a dramatización de "O cadro cobra vida", fixo que nos adentraramos  no cuadro de Las Meninas  analizando e recordando a investigación levada a cabo en torno a cada unha das personaxes: Margarita, Agustina Sarmiento, Dona Marcela, Isabel de Velázquez, José Nieto...e reflexionando sobre a intención do pintor ao plasmar esta imaxe deste xeito.

                   dsc08318-1.JPG

Compre dicir que o alumnado participante bordou a escena e que á pregunta de Que pasaría se estas personaxes empezaran a moverse? transportounos ao máxico mundo do cadro. 

                 dsc08325-1.JPG

Grazas a todas as nenas e nenos participantes e en especial a Concha polo seu entusiasmo e profesionalidade.

27/04/2009 GMT 1

"O cadro cobra vida"

marga-g @ 21:34

Luns, 4 de Maio.

Ás 15:30 horas.

Na Biblioteca.

SORPRENDENTE!

“O cadro cobra vida”

dsc08079.JPG

Os personaxes do cadro de Las Meninas, despois de permanecer inmóbiles durante máis de trescentos anos, saen a espreguizarse durante uns minutos.

NON ESPERES OUTROS TRESCENTOS ANOS PARA VELO!

26/03/2009 GMT 1

O cadro cobra vida

marga-g @ 00:49

Esta é a última proposta con que nos sorprende a nosa querida Concha, alma mater deste proxecto documental: Trátase dunha breve representación teatral, fundamentalmente mímica, que pretende compoñer   a instantánea   que  Velázquez plasmou no cadro de Las Meninas.
Despois de  introducirnos na  imaxe  do cadro proxectada nunha pantalla,   faremos  unha pequena semblanza  dos seus personaxes,  provocando,  ao mesmo tempo, a curiosidade e certos  interrogantes a  cerca dos misterios que encerra a obra. Farase fincapé no que fai cada personaxe e nalgún detalle que o identifique.
Rematado isto, pasarase á representación teatral  en si. Un por un, e identificado cun pequeno detalle, cada personaxe irá cobrando vida no taller que o pintor ten no Alcázar de Madrid. Será precisamente Velázquez quen intente poñer orde, tarefa que lle resultará bastante difícil. Fará constantes chamadas de atención, pero sen éxito,  para que cada quen ocupe o seu posto e  poder así empezar a pintar.
A voz que anuncia a chegada dos reis á sala deterá  por un instante o movemento das figuras do cadro, circunstancia que vai aproveitar o  pintor para inmortalizar o momento, como se dunha fotografía se tratara.
A luz  do flash dunha cámara porá fin á representación.

Non perdades esta fantástica oportunidade de presenciar tan orixinal evento o vindeiro venres 3 de abril na biblioteca do noso colexio, lembrade que por fin O CADRO COBRA VIDA

Operación: Poñemos cor á infanta Margarita

marga-g @ 00:25

 Ti, como ves a Margarita?
Pois pon a punto  os teus apeiros de pintura e colorea a  nena de Las Meninas. O teu traballo será pagado.
E  a obra máis orixinal será copiada  para pintar a nosa Margarita de tamaño natural.
Atrévete!

Con esta invitación pretendiamos que as nenas e os nenos que están investigando sobre o cadro de Las Meninas, participara tamén artísticamente de forma activa. As fotos aquí expostas son unha mostra dos resultados. Esperamos que vos gusten:

dsc07946.JPG

                          

dsc07947.JPG

 

dsc07943.JPG 
Despois de moitas deliberacións esta foi a seleccionada para copiar no orixinal que todavía está en proceso. 
dsc07944.JPG

  

17/03/2009 GMT 1

O noso proxecto documental

marga-g @ 14:43

Xa rematamos a segunda fase do proxecto sobre Las Meninas , de Velázquez, e hai que dicir que todo foi ás mil marabillas. Lanzáronse trece preguntas sobre o cadro e conseguimos respostas acertadas na súa maior parte. Moi inxeniosas as dos nenos e nenas de 5 anos!

Mantivemos o interese  ata aquí,  e de foma permanente, dun total de 36 nenos e nenas que cada semana acudían á Biblioteca por ver de que ía a pregunta de turno. Non hai que esquecer, sen embargo, o labor de seguimento  e a disposición dos seus horarios de clase  que fixeron as súas respectivas titoras. É de agradecer, e pensamos que pagou a pena.

Pero hai máis, pois a sorpresa está por vir. Manteñámonos  vixilantes ¡!

27/01/2009 GMT 1

Máis das Meninas

marga-g @ 21:28

Os personaxes de Las Meninas, por xentileza de Velásquez, asómanse ao século XXI para contarnos como vivían daquela, no século XVII. Un a un irannos contando da súa vida: que facían no seu día a día, como vestían, como se divertían, incluso que sentían...

Será a Infanta Margarita a primeira en abrirnos a ventá do seu apousento e a través da mirada infantil dunha nena de cinco anos entraremos na vida de palacio.

    

             dsc07736.JPG       dsc07735.JPG

 Sabedes quen é o novo personaxe que enfocou a lupa esta semana?

Non esquezades subir á biblioteca a investigar. Contestade o máis axiña posible e deixade o voso nome neste blogue.

Haberá alguén que leve un agasallo?

18/01/2009 GMT 1

Continuamos investigando na biblioteca...

marga-g @ 13:23

A semana pasada subimos á biblioteca e descubrimos que o taboleiro enchérase de novos datos sobre o misterio que estamos a investigar.

                        imgp0470.JPG

Xa sabemos o nome do cadro exposto, o artista que o pintou, cando e donde. Tamén aprendimos o por que deste tipo de pinturas.

As nosas pescudas diríxense agora á QUEN É QUEN.

                                   imgp0472.JPG             

A mellor detective do cole, Concha, enfocou a súa lupa e máis as nosas á figura dunha rapaza que aparece no lenzo e que non sabemos todavía quen é. Bucearemos en libros, navegaremos pola rede e preguntaremos ás persoas sabias por esta nena...

Prometemos informar.

12/01/2009 GMT 1

Tamén hai detectives na clase de Patricia...

marga-g @ 12:42

Sabedoría infantil

 Sabios os nosos detectives de 5 anos. Sen saber de letras, atrévense a resolver grandes enigmas.

Opinan que no cadro de Las Meninas, van bailar e que están disfrazados. Que no fondo hai unha tele. Tamén que o cadro está exposto na parede e que o pintou un tal José María.

Cren que o pintor fixo o cadro porque lle mandou o "Ayuntamiento" para que o viran os nenos, ou simplemente porque lle gustaba pintar. Outro apuntou que o pintor pintaba cadros, e un día dixo: "Vou pintar o cadro dunha familia".

Como diría o famoso detective Sherlock Holmes ao seu axudante:

"Elemental, querido Watson".

Queremos agradecerlle dende aquí a Patricia o seu interese polo noso proxecto documental, así como a súa implicación e esforzo por manter a motivación e iniciar ao alumnado de cinco anos na investigación e nas técnicas de documentación.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis