Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: OUTRAS ACTIVIDADES DE ANIMACI

19/04/2009 GMT 1

Con moito agarimo para o noso Mini

marga-g @ 23:14

NORABOA MINI!!!!!!!!!!!!

E Velaquí a xeración do 93. Primeiros alumnos de Mini no CPI Armando Cotarello Valledor.

Vello barbudo, como esquecer os crocodilos e as

pirañas que gardabas naquela fermosa barba canosa.

Aprendéchenos, Mini, que lápices, bolis, tizas, grampadoras, borradores e outros útiles escolares podían voar. Como esquecermos que o coche amarelo surcaba o aire sobre as cabezas protexidas polas nosas mans. E o son dos zocos (marabillososo cubre pés de madeira típicos da xente galega) que nos alertaban da túa cercanía.

A xeografía nos libros pode resultar aburrida, pero en troques o contacto coa NATUREZA é máis divertido. Ensináchesnos desta maneira, o que é un castro (olladas ós nosos antepasados) e o nacemento do río máis longo dos mil da nosa terra, O Miño.

Puntean aínda nos nosos oidos as notas de aquelas cancions cantadas entre sorrisos, caras avermelladas da vergoña, voces desafinadas e sen desafinar e a sensación de que o mundo se estendía ante nós en forma de ledas esperanzas.

Grazas`por facernos creer na lectura e no que cada un escribe. De ti aprendimos, voluntariamente, a querer á nosa Galicia e a valorar a nosa vida como única.

QUEN POIDERA NAMORALA, MEU AMIGO

Paula Quintás López, Ana Otero Fidalgo, David Tojo, Iria Vázquez Rodríguez. 

                       imgp0328.JPG

Non temos palabras para mostrar o orgullo, a satisfacción e a ledicia que sentimos polo recoñecemento ao teu traballo. Así que navegando un pouco atopamos moitas noticias sobre o galardón que copiamos directamente:

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos como Mini e Mero, foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgoulle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país, informou un comunicado.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida. Pola súa banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra de Galicia, que máis destaque coas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura", engade a nota.
Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12.30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.
Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".
Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".

xornaldeGalicia.com

É coñecido o seu compromiso e activismo con multitude de causas, tanto a defensa da lingua galega, a recuperación da memoria histórica ou a protección do medio natural; este compromiso lévaos a participar en actos organizados por todo tipo de asociacións e colectivos, por pequenos que sexan.

vieiros.com

Mini e Mero son tamén o cerne d´A Quenlla, como o foron antes de Fuxan os Ventos, as dúas formacións case mitolóxicas da música popular galega. A Quenlla, xurdida en 1984, puxo todos estes anos unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento. É por iso que moitas veces traballan con textos de poetas e de escritores para, imprimíndolles musicalidade, devolvelos en forma de canción e de mensaxe.

E, por fin, Mini e Mero son Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, dous chairegos inseparábeis da fornada de 1951, nados os dous no mes de Sanxoán, aquel en Pacios e este en Vilalba, no cuartel vello. Dous grandes tipos que están sempre alá onde se reivindica e defende a nosa cultura. Dúas magníficas persoas a quen se pode calificar, sen temor a esaxerar, de bos e xenerosos.

avozde vilalva.com

31/03/2009 GMT 1

"Mariquiña a carteira andoriña"

marga-g @ 22:07

Onte pola tardiña recibimos unha sorpresa moi especial...

Mau e Pin visitaron o noso cole. Viñeron á aula de infantil de cinco anos e alí nos xuntamos todas as nenas e os nenos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

Que non sabedes quen son ese Mau e Pin?

                        dsc07989.JPG

Pois nós volo diremos, son Quique e Carlos, escritor e ilustrador da serie de contos: "Mariquiña a carteira andoriña", "Xelo o carteiro xurelo" e "Hugo o carteiro teixugo" da Editorial Xerais.

Como vos iba decindo...estes dous personaxes contaron o conto do galo Manolo Corazones dun xeito moi peculiar, xa que mentres Mau iba contando a historia, Pin non paraba de garabatear nun papel ben grande que tiña pegado no encerado e que ao final deu en ser unha escena do conto.

                        dsc07991.JPG

A verdade é que a sesión non tivo desperdicio grazas a estes dous magníficos profesionais que non só mantiveron a atención de toda a audiencia senon que tamén provocaron a reacción e incitaron a participar e preguntar. Con eles berramos como o galo, rimos, durmimos, asexamos...e incluso pensamos.

...E falando de pensar, ocurresenos facervos unhas preguntiñas para saber como tendes a vosa memoria. Imos ver quen recorda...

  1. De quen estaba namorado o galo Manolo?
  2. Cando levaron á pita?
  3. Como quedou Manolo ante a marcha da pita?
  4. Que fixo logo Manolo?
  5. Quen sabía a dirección da galiña?
  6. Que pasou ao final?

Estas preguntiñas son sobre a historia, agora veñen unhas poucas sobre as  vosas curiosidades...

  • Que preguntou a profe Marita?
  • Que se sabe dos nomes dos doce pitiños?
  • Por que ten a cresta o galo desa maneira?
  • Casou alguén ao final do conto?
  • Por que Pin dibuxou á galiña cun ollo despegado?
  • Cal será a historia que nos conten a próxima vez que nos visiten?

Se sabedes as respostas podedes deixar un comentario neste espacio. Prometemos agasallos...

29/03/2009 GMT 1

Rematando o mes de marzo...

marga-g @ 22:26

Non queremos deixar de nomear algunha das actividades de animación levadas a cabo durante este mes e que, ben por falta de tempo, ben por problemas técnicos non fumos quen de amosarvos no seu momento...

                 

dsc07937.JPG

 

Esta foi a exposición temática deste mes, adicado ás mulleres. Como podedes observar fixemos unha selección de mulleres escritoras, galegas e doutras nacionalidades, e invitamos a ler contos, relatos e historias escritas todas por mulleres. Entra as autoras galegas escollidas podemos nomear a Fina Casalderrei, Paula Carballeira, Ana Romaní, Mar Guerra ou Rosa Aneiros

      dsc07949.JPG     Exposición adicada a Shakespeare  

O alumnado de ESO baixo a coordinación da profesora de inglés Begoña Babío ofreceunos esta magnífica mostra da vida e obra do recoñecido dramaturgo inglés. Moitas grazas polo voso traballo.

                     dsc07908.JPG

...E tamén disfrutamos dunha preciosa sesión de teatro leído. Foi Marita co seu grupo de 2º quen nos interpretou fabulosamente o conto: "O disfrace da lúa". Comentar o laborioso traballo de preparación do cartel e a marabillosa lectura teatralizada que fixeron as nenas e os nenos de 2º aos que lles agradecemos enormemente o seu esforzo.

Compre finalmente lembrar "O conto do bufón", co que Concha e o seu grupo nos deleitaron nun recreo na biblioteca. A invitación ao evento "fíxose saber" de clase en clase e foi interpretada por Antonio, Tristán e Manuel. O resto da clase participou na posterior dramatización do conto con marionetas de papel que fixerona as delicias de todas e todos. Noraboa rapazas, rapaces e por suposto Concha, polo voso compromiso coa lectura e con nós.

dsc07926.JPG

      dsc07934.JPG

26/03/2009 GMT 1

Mario Tomás e os seu contos...

marga-g @ 00:06

Tal e como avisamos onte, hoxe acudimos á aula de cultura a escoitar ao contador de contos Mario Tomás.

Na sesión co alumnado de infantil e primaria este sorprendente personaxe contounos primeiro un relato sobre un xaguar desagradecido, que lle transmitiron os indíxenas de Nova Galiza (México), logo invitounos a colaborar na creación dun conto que fumos compoñendo entre todas as persoas presentes no salón, recibimos máis tarde a visita do rato Pérez que animou a tres voluntarios a inventar historias e finalmente disfrutamos co conto da lebre e o verme.

                                   

dsc07970.JPG

Quedámonos coa frase final deste último conto á que lle engadimos os nosos desexos: "coa forza da palabra"... poderemos mover montañas, alcanzar os nosos soños, transformar a realidade...

Engadide nos comentarios os vosos pensamentos e ideas para facer cada vez máis grande o regalo que hoxe nos brindou este contador de historias. Grazas Mario Tomás polo teu entusiasmo.

24/03/2009 GMT 1

Un día especial con Mario Tomás

marga-g @ 23:53

Mañá, mércores 25 de marzo, teremos o gusto de presenciar na aula de cultura de Boimorto un espectáculo de contacontos a cargo do magnífico Mario Tomás. Esta proposta, organizada polo equipo do plan lector do noso centro e patrocinada por Consorcio Editorial, pretende mostrar unha vez máis a todo o noso alumnado os mundos e submundos de fantasía que procuran os libros.

dsc07982.JPG

A primeira hora disfrutarán do acto as nenas e os nenos de educación infantil e primaria. Logo, ás once será o alumnado de secundaria quen cerre a sesión.

01/02/2009 GMT 1

O día da Paz na biblioteca

marga-g @ 21:23

E por fin chegou o día da paz... e con el unha variada e interesante oferta de actividades vinculadas cos valores de solidariedade, tolerancia, interculturalismo, diversidade e convivencia pacífica.

Non podemos deixar de nomear as que dun ou doutro xeito empregaron a lectura como base para o seu desenrolo:

  • Exposición temática sobre a Paz.

                  dsc07745.JPG

                         

  • Presentacións dixitais de textos relacionados coa paz cos que entonamos esas inesquecibles e atemporales cancións de Imagine e Blowing in the wind.
  • Lectura dos desexos e compromisos que cada clase de infantil e primaria elaborou para expoñer diante do resto dos grupos.
  • Canto da canción  "No dudaría" de Antonio Flores co acompañamento musical do noso Mini.

                            dsc07828.JPG     

Como remate do día decidimos facer un xogo cooperativo no que Marita fixo participar a todo o alumnado e profesorado para lograr o obxectivo final: introducir un bolígrafo nunha botella coa axuda de todas e todos.

29/01/2009 GMT 1

Mulleres galegas a prol da PAZ

marga-g @ 13:33

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz o 30 de xaneiro do 2009, hoxe á mañán tivemos o gusto de desenvolver cos grupos de 4º, 5º e 6º de E.P. o visionado da presentación:"Mulleres galegas a prol da PAZ".
Nesta ocasión foi Juanjo, o orientador do noso centro, quen propuxo familiarizar ao alumnado nesta transversalidade na que se mergullará máis mañán día 30 de xaneiro coa asistencia ao foro de mulleres previsto para o devandito día.
Asemade a carón das imaxes expresamente foron seleccionados artigos significativos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de xeito que as nosas nenas e nenos interactuasen na actividade opinando e participando logo de ler textos e imaxes conxuntamente.

                      dsc07774.JPG 

As ideas clave desta actividade foron:
Non sexismo, Inteculturalismo e Pacifismo entendido do local ao universal, da historia ao cotiá como ferramenta convivencial, que saiba xestionar os conflictos diarios.

17/12/2008 GMT 1

Contos de nadal e inverno.

marga-g @ 22:21

Graciñas Mini, graciñas Concha pola vosa eterna colaboración.

Hoxe pola tarde disfrutamos dunha sesión de contos ben agradable.

Comezou Mini remontándose no tempo e dándonos unha boa explicación da orixe das relixións. Logo, contounos un conto relacionado coa tradición cristiana, con moitos referentes da nosa terra que nos engancharon de inmediato na silveira do seu maxín.

                                  

imgp0129.JPG

    

E logo tivemos a sorte de escoitar e sentir un marabilloso conto de inverno dramatizado polo alumnado de 4º de primaria e dirixido por Concha que nos transportou a un mundo lonxano e máxico.

                        

imgp0134.JPG

A música escollida para dar entrada ao frío, o fabuloso disfrace do Vello do Frío, a espléndida caracterización da merla e as voces que relataron o conto encheron esta tarde a biblioteca de anacos de carambelo, folerpiñas de neve, pedriñas de saraiba e farrapos de nubes negras que nunca esqueceremos.

Grazas de novo Concha, Mini e nenas e nenos de 4º polo voso esforzo e boa vontade.

Volvede a ler o conto e sentide os rigores do inverno outra vez.

Cando o frío invadiu a Terra

Había unha vez un país moi lonxano onde nunca chegara o frío.

As  xentes  só coñecían o bo tempo, o sol, as flores, as bolboretas,…Ata que un día chegou alí un vello,  moi velliño.

VELLO: Levo andado unha eternidade e estou moi canso. Descansarei un poco ao pé desta árbore.

MERLA: Ola!  Quen es ti?  Nunca te vin por aquí.VELLO: Eu son o Vello do Frío.

MERLA: Pois eu son a Merla Chirla. Que é iso que levas posto?VELLO: É o traxe do frío.

MERLA: E que é o frío?

VELLO: Ben pouco sabes ti!  O frío é o que levo sempre metido no corpo.

MERLA: Pois dáme logo un  cachiño  para que o probe.

VELLO: Mellor será que cho venda pois hei de gañarme a vida.

O vello sacou un anaco de xeo de debaixo da súa capa xeada  e deullo á merla.

A merla pagoulle e marchou co xeo, aterecendo de frío.

E foi  enseguida contarlles aos seus amigos o conto do Vello do Frío.

E as bolboretas, os sapoconchos, os morcegos e demais amigos, quedaron abraiados pola historia e, sen tardar,  foron onda o vello, en busca de frío.

O vello  repartía anacos de carambelo, folerpiñas de neve, pedriñas de saraiba, farrapos de nubes negras,…

E tanto vendeu que acabou con todo, e marchou de alí.

Aquel país encheuse de frío, e chegaron as xeadas e as nevadas.   E todos os habitantes  do Planeta, persoas e animais e plantas, tiveron que mudar: taparse con  abrigos, buscar agochos onde protexerse ,   construír casas, … para non morrer de frío.

E así foi como o frío invadiu a Terra.

                                                FIN

29/11/2008 GMT 1

Proclama do INVERNO

marga-g @ 21:21

Toda unha sorpresa.

O venres, xustiño antes de sair para o recreo, recibimos o aviso de sair das aulas para concentrarnos no corredor da planta baixa.

Expectantes e agardando quen sabe que, escoitamos a voz de Mini que acompañado do clarinete de Fran deu lectura á proclama do INVERNO que aquí vos achegamos:

                

dsc07583.JPG

AVISO  A  TODOS  E  A  TODAS  

Eu, o Inverno, señor dos fríos, señor da xeada, señor da neve, señor da fame, señor do vento que tolle, señor da escuridade, purificador da vida. Temido polos paxaros, pola vexetación, matador de insectos, acosador dos animais, o que debilita ó Sol, o que nega a luz e a calor, facedor de catarros e gripes… Fago saber a todos e a todas: Que como falta pouco para que apareza con toda a miña forza van sendo horas de que vos preparedes e me festexedes como merezo. Dado que o meu traballo é facervos padecer esíxovos que me recibades coa esperanza da vida que vos quero apagar. Requírovos, pois, a que comecedes a preparar a Grande Festa da Esperanza da Luz: O  NADAL. Cando chegue a miña hora quero ver este Colexio debidamente adornado, preparado e co espírito ó xeito para que os meus rigores non vos afecten en demasía.   

            ¡Quedades competentemente avisados!  

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis