Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: O NOSO AMIGO CAMI

10/11/2009 GMT 1

Cami trae o circo a Boimorto

marga-g @ 15:10

Pois sí, xa que nós non podiamos ir ao circo da nai de Cami, os nosos amiguiños trouxeron o circo a Boimorto.

Que espectáculo tan fabuloso!!!

Grazas, grazas e máis grazas, non só polos contos tan ben escollidos, senon tamén polos fantásticos números cos que quedamos totalmente abraiadas.

Intentaremos resumir parte da vosa visita para que aquelas persoas ausentes poidan cando menos imaxinar o que alí aconteceu.

Primeiramente a nai de Cami disfrazou a este de presentador de circo e fixo un número de equilibrio sobre zancos, outro de malabares e un de maxia. Logo contaron o conto: Olivia salva o circo, con el aprendimos todas as posibilidades que o circo ofrece.

Mais o que realmente nos entusiasmou foi o circo das mans. Foi sorprendente decatarnos do que poden expresar as mans cando hai arte e inxenio nas cabeciñas que lles dan vida. Con simples guantes aderezados con significativos detalles e complementos fixéronnos presenciar diferentes números do circo a cada cual máis singular, orixinal e intelixente. Dende o número das bailarinas, ata o do home bala, pasando polo do zanqueiro, lanzador de coitelos, bailarín de break-dance ou equilibrista sen rede nin colchón.

Magníficos!!!!!!!!!!!!!!!

dsc00253.JPG

Finalmente o conto que traían preparado para remate da sesión O elefante encadeado resultou ter un fondo tan optimista que conseguiron que todas as persoas presentes sairamos da biblioteca convencidas de perseguir os nosos soños, porque sabemos que si o intentamos, fallaremos unha, dúas, tres ou mil veces pero de seguro que os terminaremos alcanzando.

29/10/2009 GMT 1

Correo electrónico do noso amigo Cami

marga-g @ 01:20

Vaia sorpresa, vaia sorpresa tivemos hoxe na escola cando abrimos o correo!!!!
Nin máis nin menos que Cami, o noso ratiño amigo amante dos libros e gran coñecedor das bibliotecas galegas mandara unha carta por internet ás nenas e aos nenos do colexio de Boimorto...
É decir..., a nós.
Esto era o que poñía:

Ola nenos e nenas:
Despois dunhas longas vacacións, irei facervos unha visita o venres, coa miña nai Lupe. A función que ides ver trata do circo. Lupe é artista de circo e estase preparando para marchar nunha nova xira. O venres faranos unha demostración das súas habilidades. Os contos que imos contar son:

El elefante encadenado
Olivia salva el circo Ian Falconer

Vémonos o venres ás 12:00H na biblioteca do colexio!
Unha forte aperta,
Cami

03/05/2009 GMT 1

A visita de Cami

marga-g @ 23:23

O pasado xoves, 30 de maio recibimos un divertido e sorprendente telegrama no que se nos avisaba da visita inmediata do noso amigo Cami, que como ben sabedes é un rato de biblioteca capaz de facernos esquecer todos os nosos problemiñas cando nos conta un dos seus contos...

Nesta ocasión amenizou a sesión con "Polgariño" e "Soy el más fuerte".

        p1040211.JPG     p1040216.JPG

Grazas, Cami por vir, por transmitirnos tan ben que a lectura é un pracer e por ser o noso amigo.

01/02/2009 GMT 1

Os contos da nai e da avoa de Cami

marga-g @ 21:16

Que sorte tivemos o xoves!!!

Primeiro recibimos unha carta sorpresa de Cami anunciando unha próxima visita, e como el non puido vir xa que estaba na escola viñeron a nai e a avoa Violeta a deleitarnos con historias preciosas que nos deixaron coma sempre con ganas de escoitar máis.

A xornada xirou arredor da paz: Os contos Por que? e Historia dunha bomba, magníficamente relatado un e dramatizado o outro, foron os títulos escollidos para facernos pensar no absurdo das pelexas, das guerras e dos enfados.

         dsc07784.JPG     dsc07805.JPG

Antes de marchar fixemos un xogo no que tivemos que compartir para que todas e todos quedaramos felices e despedímonos cantando xuntos "La muralla".

Grazas por facernos pasar un rato tan especial.

28/01/2009 GMT 1

Queridas nenas e nenos...

marga-g @ 21:21

Queridas nenas e nenos,

Canto tempo sen saber de vós! E como estades? Non se conxelou ningún cativo ou cativa nestas nevaradas?

Non voou ningún co vento e apareceu no lugar do lado? Espero que non, que esteades todas e todos ben preparados para   este novo ano 2009.

                             

                            dsc07479.JPG

Seica andades atarefados, moi atarefados. Xa me chegaron ás miñas orellas ratunas que andades a voltas coa celebración  dalgo moi importante... o día da Paz.

Algo me dixeron os meus “contactos” de que estades a aprender algunha canción, e de que escribides mensaxes pacíficas, e pintades brancas pombas que pretenden encher o colexio de bos pensamentos e accións.

A verdade é que me encanta esto do entroido : as filloas, o cocido, as chulas, as orellas.....Umm! e as carautas!...
Igual aparezo por aí disfrazado de  gato e métovos un susto! Como mola!... ou mellor aínda…
Pódome disfrazar de pomba  e así  celebro o día da paz!

Qué vos parece?

A verdade é que  teño moitas ganas de facervos unha visita e así contarvos como vai a Asociación de Animais, lembrades?  Agora máis que nunca  traballamos a reo e  non
paramos de recibir chamadas telefónicas e cartas.
Son tantas as que chegan que ata nos está a axudar Violeta; sí Violeta ¡ A miña avoa Violeta!  É como un sopro de aire fresco na Asociación!
... Bueno, máis ben , é coma un furacán!

O caso é que ela xa di que cantos máis somos, máis escoitamos,  máis axudamos e máis problemas solucionamos.  Como mola a solidariedade!

En fin  nenas e nenos , téñovos que deixar . Agardo vervos moi pronto ou no caso de non poder ir eu, mandarvos recado por quen vos quere tanto coma mín.

Un biquiño.                                               

Cami

09/11/2008 GMT 1

Cami volve á nosa biblioteca

marga-g @ 13:15

dsc07457.JPG

Que ilusión a do venres pasado!
Resulta que o noso amigo Cami, lembrades?: O ratiño que ven da aldea "Lonxe de todo" e percorre as biliotecas de moitos coles de Galicia, estivo con nós outra vez.

Xa o xoves recibimos unha interesantísima carta que vos mostramos aquí e que nos fixo adoecer por ver a Cami:

Lonxe de todo, 7 de novembro de 2008

Ola nenos e nenas!

Como estades? Que tal vos vai este ano polo cole? Xa me enterei de que estades a practicar un montón co danzarico. Eu tamén estiven practicando, pero aínda non o manexo con demasiada soltura, por dicilo dalgunha maneira… A verdade é que non o manexo nada ben, porque non vos é nada fácil, como vos sabedes. E ademais, para min, aínda é mais difícil que para vós, que nunca sei onde empeza o cordón do peón e onde remata o meu rabo!!! Teño que seguir practicando para chegar a bailalo tan ben coma vós... Pero este ano non vos teño moito tempo, xa que… empecei na escola! Mimadriña, canto chorei o primeiro día, e o segundo!… Eu que non quería ir, miña nai que si que tiña que ir, eu que non, ela que si… E ao fin, fun. E tampouco foi para tanto. Á verdade é que estou ben contento, pero xa vos contarei todo cando vos vaia visitar.

E que ganas teño de vervos outra vez, nenos e nenas, e comprobar canto medrastes este longo verán. Tamén me apetece ver a vosa biblioteca, que é o meu sitio preferido do cole!... Ai a biblio! cos seus contos… Cantos contos! e poemas, cancións, receitas, cómics, revistas, panxoliñas, ditos, refráns, adiviñas, trabalinguas .... Ummm! Xa se me fai a boca auga, ...digo ..a boca queixo! A vós non, nenos e nenas? Seguro que disfrutades da maxia da lectura tanto coma min, soñando e viaxando coa imaxinación por diferentes lugares, épocas, historias, lendas e aventuras. De seguro que logo estarei aí con todos vós para poder compartir uns anaquiños de risos, parrafadas e moita, pero que moita diversión e ilusión.

Un biquiño,
Cami

Esta vez contounos dous contos ben bonitos:"Timoteo va a la escuela" de Rosemary Wells

                 dsc07466.JPG    

e "Los juguetes de Chuli" de Mark Inkpen.

           dsc07471.JPG

Canto disfrutamos!
Publicamos estas fotos para que lles contedes ás mamás e aos papás, ás avoas e aos avós e a quen queirades o que vivimos, o que escoitamos, rimos e soñamos o venres pasado.

22/05/2008 GMT 1

Carta de Cami

marga-g @ 16:38

Lonxe de todo, 23 de maio de 2008

Queridas nenas e queridos nenos,
Como estades?...Ben?
Eu tamén estou ben, moi contento de comunicarme con vós.
E pensar que agora poido escribir no ordenador e sei que podedes ler a miña carta xa, agora mesmiño...
Que barbaridade!
O que fai a tecnoloxía..., xa mo dicía a miña irmá Lupiña e a miña avoa Violeta:
"Estuda moito Cami, le moitos contos e historias e escoita con atención todo o que che din as mestras" (digo mestras porque eu sempre tiven máis mestras que mestres, e vós?

O caso é que hoxe, se dou chegado, irei pola biblioteca de Boimorto a facervos unha visita.
Non sei moi ben se poderei pillar o autobús das dez, porque ás veces, cando estou moi moi concentrado na lectura dun conto, o reloxo adianta...

Xa o levei ao reloxeiro por cinco veces, e este home, que non sei se saberá amañar reloxos, díxome que o meu reloxo andaba perfectamente, que o que tiña que facer era amañar a miña cabeza...
Vaia contestación!!
A miña familia dalle a razón ao condanado do reloxeiro e como moitas veces chego tarde aos sitios ou ás veces non chego..., agora xa me preguntan onde vou ir para ir no meu lugar e poder contar contos.

Bueno, amiguiñas e amiguiños vou ler un cacho dun contiño que atopei o outro día no banco dun parque, dicía que era un libro que pertencía ao movemento do bookcrossing.
Vaia palabriña!
E aínda lla haberá que preguntar ás profes de inglés!...
O caso é que está moi interesante, así que se me perdoades, envíovos unha forte aperta e...

Moitos, moitos, moitos bicos con sabor a queixo.

Cami

24/04/2008 GMT 1

QUEN É O RATO CAMI?

marga-g @ 08:59

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 Ao igual que nos cursos pasados, este curso estamos levando a cabo un programa de animación á lectura para as nenas e nenos de E.I. , 1º ciclo de E.P. e 2º ciclo de E.P. coa a xuda da compañía de teatro TRINKE TRINKE.

Este programa que consiste nunha serie de catro actuacións dende outubro a maio é financiado pola Deputación da Coruña en colaboración co concello de Boimorto.Todas as actuacións son na biblioteca do centro, por ser éste o lugar ideal para dinamizar o programa. 

O noso amigo, o rato Cami (un actor disfrázase de rato), fío conductor de todas as historias, vive na aldea “Lonxe de todo” coa súa irmá Lupiña e o seu irmán Loliño.Cami gusta moito dos contos e cada vez que pode visita unha biblioteca e aínda que tarda un “pouco” en chegar posto que vive moi lonxe de todo, encántalle aprender contos novos para lles contar aos seus amigos.

Durante estos anos os diferentes grupos que participaron no programa fixeron unha gran variedade de traballo, dende marcalibros, traballos plásticos e artísticos relacionados co mundo dos ratos, contos... 

Tamén Cami enviou un grupiño de contos para cada aula cun lápiz de regalo por si lle queriamos escribir. E a relación de Cami cos nosos nenos e nenas quedou finalmente consolidada a través de cartas e de contos que nos foi enviando (aproveitamos a compra de contos para decirlles aos nenos que no los enviara Cami na súa bolsa).

Aquí tendes unha mostra das cartas que recibiron as nenos e os nenos de Boimorto :                                         

                       Lonxe de todo, 6 de febreiro de 2004

            Queridas nenas e queridos nenos,

¿Como estades?...¿Ben?

Qué contento estou!,

¿sabedes que queda moi pouquiño tempo para estar con vos?.

UN, DOUS, TRES, CATRO, CINCO, SEIS, SETE, OITO, NOVE... ¡DEZ  DÍAS! .

¡¡¡¡¡¡¡chachi, piruli, guai!!!!!!!!

Posto que estou de viaxe, vivo moitas aventuras, é como si lera un conto cada día, e vouvos contar o que me sucedeu onte, veredes...

Cheguei a unha aldea e atopei un neno chamado Brais, era un neno moi falador e díxome  que  estabamos en Antroido. 

Eu pregunteille qué quería dicir, e el contoume que  era tempo de burla e de troula, de disfraces e enchentas.

E vos ¿ídesvos disfrazar?Xa me contaredes de qué.

Eu voume disfrazar de marcalibros, porque como gusto tanto dos contos...

Aquí vos envío un debuxo para que o recortedes e logo o pintedes coas vosas cores favoritas. Utilizádeo cando leades algún conto e non vos esquezades do voso amiguiño lector. 

Unha aperta moi forte.

 Cami.  

                        Lonxe de todo, 12 de maio de 2004

            Queridas nenas e queridos nenos,

Cánto tempo sin saber nada de vos!

O caso é que como eu tamén tiven que facer unha chea de cousas non puiden escribir antes. Chamei un día por teléfono pero me dixeron que estabades moi ocupados escoitando contos, lendo, escribindo ....;e pensei:

Que ben, cantas cousas interesantes me van contar cando volva a Boimorto!

Eu tamén estiven moi liado, visitei moitas aldeas de países moi alonxados, ao mellor escoitastes falar das miñas viaxes por Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Eslovenia, Malta e Chipre, bueno, o caso é que despois de contarlles contos, díxenlle aos ratiños e ratiñas deses lugares:E por que non vos unides ao club da Unión Europea Ratonil?. ¿E sabedes o que me dixeron?

¡¡¡¡¡¡Que sí!!!!!!  

Foi un éxito, pero agora, a miña  profe Ratoncechiña mandounos unha tarefa moi, moi, pero que moi difícil: BUSCAR NOTICIAS E DATOS SOBRE A NOSA ESPECIE, é dicir, sobre o mundo dos ROEDORES para enviarlles aos animais deses países.Serven dibuxos, fotografías, refráns, poemas, contos, cancións etc., etc., etc.,etc., etc., etc.,etc.,............

Canto traballo!

Poderédesme axudar?

Eu xa atopei algúns refráns:“Cien ratones a un gato le dan un mal rato”

“Cuando el gato no está, los ratones hacen fiesta”

“Casa sin moradores, nido de ratones”

Espero recibir noticias vosasUnha aperta moi forte. 

Cami. 

                       Lonxe de todo, 27 de marzo de 2008

            Queridas nenas e queridos nenos,

Canto tempo sen saber de vós e que contento estou ...

Sabedes que vos vou visitar hoxe?

Penso que vos ides caer de cu porque  xa estou cavilando como vou ir, hei limpar ben as orellas, sonar o fociño e poñer a roupa máis bonita que teña, porque hoxe é un día moi, moi, pero que moi especial para min.Voltar cos meus amiguiños e amiguiñas do cole de Boimorto!

Iupiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii 

Espero que tiverades unhas vacacións chuli, eu farteime de comer queixo, de brincar polos campos, de laretar coas amigas e amigos, e sobre todo de ler.... 

Que contos tan bonitos lín!!!!!! 

Eu non sei que me pasa que cando me poño a ler, empezo a soñar e a viaxar por mundos marabillosos e imaxino todiño o que leo a dúas cores: violeta e vermella, aínda que ás veces misturase algunha cor bulideira e argalleira como a amarela, laranxa ou rosa .....................................................

E vós, cando ledes ou vos contan un conto

De que cor volo imaxinades? 

Ben, nenas e nenos, teño que deixar de escribir porque está a miña irmá Lupiña chamando por mín e cando se pon a berrar, é mellor facerlle caso.

Unha aperta moi forte. 

Cami.   

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis