Non queremos deixar de nomear algunha das actividades de animación levadas a cabo durante este mes e que, ben por falta de tempo, ben por problemas técnicos non fumos quen de amosarvos no seu momento...

Esta foi a exposición temática deste mes, adicado ás mulleres. Como podedes observar fixemos unha selección de mulleres escritoras, galegas e doutras nacionalidades, e invitamos a ler contos, relatos e historias escritas todas por mulleres. Entra as autoras galegas escollidas podemos nomear a Fina Casalderrei, Paula Carballeira, Ana Romaní, Mar Guerra ou Rosa Aneiros
Exposición adicada a Shakespeare
O alumnado de ESO baixo a coordinación da profesora de inglés Begoña Babío ofreceunos esta magnífica mostra da vida e obra do recoñecido dramaturgo inglés. Moitas grazas polo voso traballo.

...E tamén disfrutamos dunha preciosa sesión de teatro leído. Foi Marita co seu grupo de 2º quen nos interpretou fabulosamente o conto: "O disfrace da lúa". Comentar o laborioso traballo de preparación do cartel e a marabillosa lectura teatralizada que fixeron as nenas e os nenos de 2º aos que lles agradecemos enormemente o seu esforzo.
Compre finalmente lembrar "O conto do bufón", co que Concha e o seu grupo nos deleitaron nun recreo na biblioteca. A invitación ao evento "fíxose saber" de clase en clase e foi interpretada por Antonio, Tristán e Manuel. O resto da clase participou na posterior dramatización do conto con marionetas de papel que fixerona as delicias de todas e todos. Noraboa rapazas, rapaces e por suposto Concha, polo voso compromiso coa lectura e con nós.

