Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: CONTOS NOS RECREOS

04/10/2009 GMT 1

Quen lle ten medo á bruxa?

marga-g @ 11:20

dsc00045.JPG

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!

CONTO DIXITAL NA BIBLIOTECA!!!!!

QUEN LLE TEN MEDO Á BRUXA?

SERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 5 DE OUTUBRO !!!!!!!

    NON      FALTEDES      Á  CITA!

As nenas e os nenos de 5º de E.P. decidiron tomar o patio o venres no recreo e anunciaron vestíndose de nena, neno anuncio o conto que escoitaredes mañán no recreo.

                                 

dsc00044.JPG

 

E volven os Contos no recreo...

marga-g @ 11:01

Como o curso pasado, o alumnado de E.I. e E.P. poderá disfrutar dun conto cada día: 

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Todos os días, na hora do recreo, leerase un conto durante os primeiros 10 ou 15 minutos. Cada profesora ou profesor participante nesta proposta baixará coas nenas e cos nenos que non queiran quedar o tempo restante na biblioteca.
Preténdese con esta actividade acostumbrar ao alumnado que sube á biblioteca, habitualmente a xogar ou revolver nos libros, a escoitar contos e a enfocar a súa atención  cara á lectura.

CALENDARIO DE  CONTOS

LUNS          -----------------   MARGA
MARTES       ----------------   CONCHA
MÉRCORES  ----------------   FRAN
XOVES         ----------------  MARGA , CONCHA OU FRAN

29/03/2009 GMT 1

Rematando o mes de marzo...

marga-g @ 22:26

Non queremos deixar de nomear algunha das actividades de animación levadas a cabo durante este mes e que, ben por falta de tempo, ben por problemas técnicos non fumos quen de amosarvos no seu momento...

                 

dsc07937.JPG

 

Esta foi a exposición temática deste mes, adicado ás mulleres. Como podedes observar fixemos unha selección de mulleres escritoras, galegas e doutras nacionalidades, e invitamos a ler contos, relatos e historias escritas todas por mulleres. Entra as autoras galegas escollidas podemos nomear a Fina Casalderrei, Paula Carballeira, Ana Romaní, Mar Guerra ou Rosa Aneiros

      dsc07949.JPG     Exposición adicada a Shakespeare  

O alumnado de ESO baixo a coordinación da profesora de inglés Begoña Babío ofreceunos esta magnífica mostra da vida e obra do recoñecido dramaturgo inglés. Moitas grazas polo voso traballo.

                     dsc07908.JPG

...E tamén disfrutamos dunha preciosa sesión de teatro leído. Foi Marita co seu grupo de 2º quen nos interpretou fabulosamente o conto: "O disfrace da lúa". Comentar o laborioso traballo de preparación do cartel e a marabillosa lectura teatralizada que fixeron as nenas e os nenos de 2º aos que lles agradecemos enormemente o seu esforzo.

Compre finalmente lembrar "O conto do bufón", co que Concha e o seu grupo nos deleitaron nun recreo na biblioteca. A invitación ao evento "fíxose saber" de clase en clase e foi interpretada por Antonio, Tristán e Manuel. O resto da clase participou na posterior dramatización do conto con marionetas de papel que fixerona as delicias de todas e todos. Noraboa rapazas, rapaces e por suposto Concha, polo voso compromiso coa lectura e con nós.

dsc07926.JPG

      dsc07934.JPG

22/10/2008 GMT 1

Anamanana

marga-g @ 16:05

Onte na biblioteca leuse o conto Anamanana.
Esta narración é unha lenda galega sobre os maleficios que sufriu un home por ter faltado a un trato.
Recordades o conto?
Quen era Anamanana?
Como acabou?
Escribide as vosas respostas asinadas por detrás e depositádeas no buzón da biblioteca. Quen sabe?, ao mellor recibides un agasallo.

15/10/2008 GMT 1

A Cincenta na biblioteca

marga-g @ 23:14

Non é fácil describir con palabras a impresión que nos causou o conto da Cincenta que fixo Ana García Quintela o curso pasado.
Esta rapaza, alumna de 4º da ESO do noso cole deixounos totalmente abraiadas a medida que ibamos abrindo o conto, desplegando ventás e colocando todos os elementos dese mundo de fantasía.
Moitas grazas Ana, por querer compartir con nós esta preciosidade.

imgp0342.JPG

Non vos perdades a presentación desta obra de arte e subide á biblioteca o vindeiro venres 17 de outubro.
Repasade o conto da Cincenta e axudádenos a contalo neste marabilloso escenario.

imgp0339.JPG

Que contan as ovellas para durmir?

marga-g @ 14:10

Esta semana Concha contounos Que contan as ovellas para durmir?.
Queremos saber se aínda recordades a historia da ovella Bee.
Farémosvos logo unhas preguntas que desexamos que contestedes deixando algún comentario ou nos vindeiros días na hora do recreo na biblioteca.

Estas son as preguntas:
1.- Cantos anos tiña Bee?
2.- Que meteu Bee nos petos?
3.- Cantas veces oubeou o lobo?
4.- Como fixo Bee para poder durmir?

Esperamos que moitas nenas e moitos nenos as saiban responder.

Agardamos as vosas respostas

08/10/2008 GMT 1

Cada día un conto

marga-g @ 11:41

Como ben sabedes os contos da biblioteca na hora do recreo de infantil e primaria fan que subamos á biblioteca con ganas de escoitar un conto novo cada día.
Este curso os contadores de contos son fixos:

LUNS: NATALIA
MARTES: CONCHA
MÉRCORES: FRAN
XOVES: BELÉN
VENRES: MARGA

Hoxe, día 8 de outubro Ari, Eva, Alex, Dani, Vanesa e Rafa vestíronse de andoriñas e animáronnos a vir á biblioteca a escoitar o conto: Andoriña viaxeira
Grazas por todo o esforzo que estades a facer.

imgp0327.JPG

07/10/2008 GMT 1

Os contacontos volven á biblioteca

marga-g @ 12:06

Este curso empezaron os contos da biblioteca o día 1 de outubro. Ese día Fran foi polas clases tocando a flauta e acompañado por nenas e nenos disfrazados de ratos invitou a todos a escoitar o conto do Flautista de Hamelín.
imgp0307.jpg
O día 2 Belén contounos o conto Moncho e a mancha que previamente fora publicitado no taboleiro da porta da biblioteca.
O día 3 Marga levantouse do revés, foi polas clases explicando como sucedera tal cousa e prometeunos contar o conto que a fixo poñer coas zapatillas nas mans,os guante nos pes...
O luns, día 6 Natalia animounos a escoitar e descubrir adiviñas e hoxe día 7 apareceron cartas secretas, sabiamente elaboradas por Concha, en todas as clases que invitaban a subir á biblioteca na hora do recreo.
imgp0310.jpg
Seguiremosvos contando as novas de cada día.

22/05/2008 GMT 1

Queres xogar con nós?

marga-g @ 15:59

Axúdanos a descubrir os erros do conto que escoitamos hoxe. Esperamos os vosos comentarios.

Vaia carreira, vaia carreira!...

O caso é que hoxe na clase de 1º as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria tiveron a oportunidade de difrutar dunha sesión de contacontos grazas ao ofrecemento da editorial Anaya.
A historia comeza con un galo, unha vaca e un rato que viven xuntos nunha granxa e deciden facer unha carreira de chapas, xa que están aburridos de facer sempre o mesmo.
Como a carreira transformouse nun grande acontecemento, viñeron animais de todo o mundo para participar no evento.
A carreira foi longa e difícil, así que pouco a pouco todos os animais foron abandonando...ata que ao final só quedaron tres.
O animal gañador foi o canguro...Pero sabedes que ?, gañou facendo trampas!!!!!!.
Cando os médicos o descubriron, por suposto, descalificárono.

Os animaliños que participaron na carreira non se puxeron tristes por perder, senon que decidiron facer un pastel xa que estaban todos xuntos.Así pois, foron até unha casa onde atoparon unha nena que choraba e choraba.
Preguntáronlle por qué choraba tanto, e dixo que non lle gustaba ir á escola porque había pantasmas e mestras.
Sabedes o que fixeron todos os animais?
Pois si, axudáronlle a espantalos e foron todos moooooooooi felices.

09/05/2008 GMT 1

"El loro pelado"

marga-g @ 12:24

Como todos os venres, na hora de recreo de secundaria, esta vez o alumnado de 1º de ESO con María ao frente, volveron a deleitarnos coa dramatización do conto "El loro pelado".

Destacar a boa actuación de todo o grupo que participou, en especial a de Sergio, que controlou as ganas de rir para facer a audiencia disfrutar da súa mágnífica interpretación do loro.

Grazas e...esperamos outro o vindeiro venres.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis