Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: CONTOS NOS RECREOS

22/05/2008 GMT 1

Queres xogar con nós?

marga-g @ 15:59

Axúdanos a descubrir os erros do conto que escoitamos hoxe. Esperamos os vosos comentarios.

Vaia carreira, vaia carreira!...

O caso é que hoxe na clase de 1º as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria tiveron a oportunidade de difrutar dunha sesión de contacontos grazas ao ofrecemento da editorial Anaya.
A historia comeza con un galo, unha vaca e un rato que viven xuntos nunha granxa e deciden facer unha carreira de chapas, xa que están aburridos de facer sempre o mesmo.
Como a carreira transformouse nun grande acontecemento, viñeron animais de todo o mundo para participar no evento.
A carreira foi longa e difícil, así que pouco a pouco todos os animais foron abandonando...ata que ao final só quedaron tres.
O animal gañador foi o canguro...Pero sabedes que ?, gañou facendo trampas!!!!!!.
Cando os médicos o descubriron, por suposto, descalificárono.

Os animaliños que participaron na carreira non se puxeron tristes por perder, senon que decidiron facer un pastel xa que estaban todos xuntos.Así pois, foron até unha casa onde atoparon unha nena que choraba e choraba.
Preguntáronlle por qué choraba tanto, e dixo que non lle gustaba ir á escola porque había pantasmas e mestras.
Sabedes o que fixeron todos os animais?
Pois si, axudáronlle a espantalos e foron todos moooooooooi felices.

09/05/2008 GMT 1

"El loro pelado"

marga-g @ 12:24

Como todos os venres, na hora de recreo de secundaria, esta vez o alumnado de 1º de ESO con María ao frente, volveron a deleitarnos coa dramatización do conto "El loro pelado".

Destacar a boa actuación de todo o grupo que participou, en especial a de Sergio, que controlou as ganas de rir para facer a audiencia disfrutar da súa mágnífica interpretación do loro.

Grazas e...esperamos outro o vindeiro venres.

30/04/2008 GMT 1

lectura dramatizada

marga-g @ 13:59

Hoxe na biblioteca, durtante o recreo de secundaria houbo unha lectura dramatizada do relato curto de I. Martínez de Pisón "La muerte mientras tanto". Navia, Bárbara, Vanesa, Fátima, Ana e Iria ( rapazas de 4º da ESO) quixeron transportarnos a unha atmósfera de intriga baixo a dirección de María e a colaboración de Belén e Teresa. 

25/04/2008 GMT 1

Thalía conta un conto

marga-g @ 11:34

thalia-resized.jpgHoxe Thalía foi a invitada especial do venres e contounos un fermoso conto.

Cada venres temos unha persoa especial no recreo de infantil e primaria. Por aquí pasaron xa profes de secundaria como Teresa, María ou Begoña Babío e rapazas e rapaces de diferentes grupos.

Dende aquí queremos agradecer a vosa participación e a invitar a toda a comunidade educativa a que se sume á nosa proposta. Só tendes que escoller un conto breve e vir a contarnolo, animádevos e deixade un comentario!

24/04/2008 GMT 1

OS CONTOS DO RECREO

marga-g @ 08:46

Todos os días, na biblioteca do centro, hai un contacontos que dura entre cinco e dez minutos.

Esta actividade, na que está implicada a maior parte do profesorado de primaria, vai dirixida aos máis pequenos e lles permite combinar varias actividades no seu tempo de lecer.

Se queredes visionar os horarios e as persoas responsables de cada día consultade o horario.   

 CALENDARIO DE  CONTOS 

LUNS            -----------------   MARITA

MARTES  ---------SUSANA

MÉRCORES  ------FRAN, PILAR, CONCHA, MINI, ISA e MARGA

XOVES  -------------PILAR, CONCHA, MINI, ISA e MARGA

VENRES ------------INVITADAS

O derradeiro día de cada semana, a mestra ou mestre correspondente invita a alguén da comunidade educativa para que conte o conto.

En canto ao alumnado de secundaria, todos os venres fanse lecturas, ramatizacións, recitados ou presentacións de textos literarios diversos nos que están a participar gran parte das rapazas e dos rapaces do centro.

O obxectivo fundamental destas actividades é promover o placer polos contos e pola lectura.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis