O club dos contos voadores é outra proposta de dinamización e fomento da lectura que puxemos en marcha a mediados de abril e que esperamos continuar de agora en adiante.
Comezamos co conto Nube de cores de Agustín Fernández Paz, e en canto o deixamos a disposición das nenas e dos nenos xa voou.
A continuación vos mostramos a información proporcionada no cartel.
Club dos contos voadores
Partindo da idea do “BookCrossing”, QUE CONSISTE EN liberar libros e facilitalos a todas as persoas que os queiran ler deixándoos en lugares públicos, decidimos crear o club dos contos voadores.
ESTA iniciativa pretende ofrecERvos este libro voador para que poidades disfrutar del e compartilo con todas as nenas e nenos do centro.
Para unirte ao noso club, O CLUB DOS CONTOS VOADORES, SIMPLEMENTE TES QUE COLLER ESTE LIBRO, LEVALO PARA CASA OU PARA O RECREO, LELO E VOLVELO A DEIXAR NO LUGAR DONDE O ATOPACHES.
é moi importante que lembres devolvelo para que outras persoas o poidan ler e sorrir con el.
ÚNETE AO NOSO CLUB !!!!! E CANDO COLLAS O CONTO E O LEAS, ESCRIBE O TEU NOME NA TÁBOA QUE ESTÁ AO LADO, DESTA MANEIRA SABEREMOS QUE XA PERTENCES AO NOSO CLUB.
BENVIDA OU BENVIDO!!!!!!!!!!!!!!!!
CLUB DOS CONTOS VOADORES
Tristán (3º E.P)
Elba (4º E.P)