Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: CICLO DE CONTOS

27/01/2009 GMT 1

Ciclo de contos pola PAZ

marga-g @ 22:13

Mañán, último mércores de mes, volveremos a celebrar unha nova edición do ciclo de contos. Nesta ocasión A PAZ será a protagonista dos nosos contos.

    dsc07739.JPG  dsc07742.JPG  dsc07740.JPG  dsc07741.JPG

E a verdade é que a ocasión promete. Os contos publicitados no cartel teñen uns títulos do máis suxerentes:

  • Os tres cosmonautas
  • A bomba e o xeneral
  • O neno que quería ser de maior premio Nobel da Paz e
  • 10 soldados 

No cartel aparecen unhas frases relacionadas con cada conto. Queremos hoxe xogar un pouco con vós e comprobar quen leu o cartel e quen non. Teredes logo que relacionar cada frase co título que lle corresponda. Estades preparadas e preparados? Ahí van...

  1. Había unha vez un átomo...
  2. Os homes que estaban na Terra querían chegar a Marte.
  3. ...e van á guerra para defender, para defender...non se sabe qué.
  4. ...e decidiu mirar ao seu arredor

A ilusión dos contos

marga-g @ 13:22

Onte foi un día importante.

A nova edición do ciclo de contos que celebramos onte pola tarde deixounos con ganas de máis e máis contos...

dsc07567.JPG
 O entrañable conto da toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza na doce e agarimosa voz de Mar,
dsc07563.JPG
a sublime interpretación de Belén e Patricia á busca do animal poseedor daquel misterioso rabo,
dsc07574.JPG 
a magnífica dramatización feita por Isabel e acompañada duns fascinantes debuxos de Nadarín
  
dsc07568.JPG
  e os encantadores ratos cos que nos agasallou Estela e cos que vivimos a historia movéndoos ao ritmo do conto de Laura e os ratos...
encheron de MAXIA o noso cole e alumearon os nosos olliños de ilusións renovadas.

Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible esta ilusión.

25/11/2008 GMT 1

Nova edición do ciclo de contos

marga-g @ 10:44

Como sabedes, o ciclo de contos é unha iniciativa do plan lector que se celebra mensualmente. A edición deste mes levarase a cabo o mércores 26 de novembro pola tarde.
Nesta ocasión os contos ofertados son:

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
De quen é este rabo?
Nadarín.
Laura e os ratos.

Logo de ler a publicidade dos contos que tan ben elaboraron as rapazas e os rapaces de 5º e 6º de primaria, non teño eu nada claro por cal decidirme..., parécenme todos moi interesantes, e vós? xa sabedes a cal ir?

dsc07548.JPG

O da toupiña faime moita gracia, co do rabo sinto moita curiosidade por saber de quen é , o de Nadarín xa me gusta polo título e o de Laura e os ratos teño tamén moitas ganas de escoitalo.

Que poido facer?
Como escolledes vós?
Preguntades ás amigas e aos amigos polos outros contos?

Bueno, penso que teño que volver a ler o cartel para poder decidir, e xa só queda un día...

30/10/2008 GMT 1

1ª Edición do ciclo de Contos no curso 2008/09

mgf @ 13:59

Onte foi un día moi especial, os corredores da planta baixa enchéronse de algarabía e rebumbio entre as tres e media e catro da tarde, xa que estabamos a piques de celebrar unha nova edición do ciclo de Contos.

                                  dsc07430-1.JPG

A esa hora todas e todos tiñamos decidido o conto que máis nos apetecía escoitar, e non fora fácil a elección...Desexabamos saber de que cor eran os bicos, que lle pasara a aquela muller que batera nunha araña, que era iso dun ichó e quen era o tal Filomeno, un home ou unha muller?

 dsc07433-1.JPG   dsc07432-1.JPG

Previamente nas aulas tentamos dividirnos para que todo o grupo estivera presente nas diferentes historias, daquela podiamos enterarnos de todo o que pasara...Foi grazas a esta boa organización, tanto das mestras e mestres coma das nenas e nenos, que esta nova edición resultou todo un éxito.

Agradecemos a todo o colectivo e en especial ás rapazas e rapaces de 6º P. que acompañaron e organizaron a distribución dos grupos.

E por fin chegou o día...

marga-g @ 15:02

naviaeiria-melloradas.jpg

Por fin celebramos a cuarta edición do ciclo de contos.
Esta vez a sorpresa veu da man de Navia, Iria, Vanesa, Fátima, Adela, Sonia, Ana e Ánxela.

ftimaevanesa-melloradas.jpg

Estas estupendas contacontos, alumnas de secundaria do noso centro, quixeron participar na nosa festa dos contos e facer desta edición unha sesión moi especial.

Moitas grazas pola vosa colaboración e pola vosa boa vontade. Esperamos escoitarvos de novo.

anaenxela.jpg

adelaesonia.jpg

25/05/2008 GMT 1

4ª edición do ciclo de contos

marga-g @ 20:18

Como vos adiantamos o outro día, na cuarta edición haberá sorpresas inesquecibles.
Vos adiantamos os resumos dos contos que serán expostos no noso mural:

TINO EL COCHINO
TINO ERA UN NENO MOI COCHINO, VOS PODEDES IMAXINAR O QUE FACÍA?
…NON?

CONTAREIVOS, LOGO ALGUNHA DAS SÚAS COCHINADAS:

…COMÍA CARAMELOS DO CHAN, METÍA O DEDO NO NARIZ…

A PRINCESA DO CAUREL

SE QUEREDES ESCOITAR A HISTORIA DUNHA PRINCESA MOI ESPECIAL, ELEXIDE O CONTO DESTA PRINCESA QUE VIVÍA NO CAUREL.

PRESTADE MOITA ATENCIÓN PORQUE TEREDES QUE ADIVIÑAR MOOOOOOOOOOOOITAS COUSAS…

UNA RICA MERIENDA

A QUEN LLE GUSTA O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA?

POIS ESTA É UNHA HISTORIA DIFERENTE DE CARAPUCHIÑA VERMELLA E DO LOBO. SEGURO QUE VOS SORPRENDERÁ UN MONTÓN.

SÍGUEME

ESTA É UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO, OU TAL VEZ SÍ…

ESCOITADE CON ATENCIÓN O CONTO DESTE ELEFANTE GRIS CON LUNARES MORADOS NAMORADO DUNHA PRECIOSA FORMIGA.

22/05/2008 GMT 1

Ciclo de contos

marga-g @ 15:09

Comunicámosvos que o vindeiro venres, día 30 de maio celebraremos a cuarta edición do ciclo de contos. Nesta edición prometemos sorpresas e novedades. Estade pendientes de novas comunicacións e vos iremos adiantando parte da sorpresa...

09/05/2008 GMT 1

3º edición do Ciclo de contos

marga-g @ 12:03

O pasado 30 de abril, en infantil e primaria celebramos a terceira edición do ciclo de contos.

Primeiramente, queremos salientar a boa disposición do alumnado de 6º de primaria á hora de organizarse en grupos para dirixir ás nenas e aos nenos dos cursos máis baixos ás aulas nas que se contaban os contos. Grazas pola vosa axuda!.

Como resumo da xornada, cabe dicir que por terceira vez neste curso a actividade resultou todo un éxito grazas á mágnífica actuación das mestras e mestres que ofreceron: a súa experiencia en contos de tradición oral como Mini, un laborioso mural para situar a escena como Pilar, un agasallo moi especial co que rememorar o conto de Susana e unhas deliciosas chulas feitas por María, que nos deixaron con ganas de máis chulas...e máis contos.

Citar, por suposto, o interese e entusiasmo do alumnado que nos anima a continuar.

24/04/2008 GMT 1

O CICLO DE CONTOS

marga-g @ 08:47

CARTEL

 

O ciclo de contos é unha proposta de dinamización da lectura que consiste en ofertar ás nenas e aos nenos do centro catro contos que son contados simultáneamente en diferentes lugares do centro.

Os contos son publicitados con anterioridade nun cartel que temos exposto na planta baixa. Pretendemos que o noso alumnado lea as diferentes propostas, que fale delas coas compañeiras e compañeiros,  que se ilusione co conto que decide escoitar, que reflexione e escolla e que finalmente pregunte sobre os outros contos.

Iniciamos esta actividade en febreiro de 2008 e pretendemos que sexa mensual, os contos son sempre diferentes e o profesorado implicado tamén.

Coa intención de darlle unha maior responsabilidades ao alumnado de 6º de primaria, as nenas e nenos desta clase se dividen tamén en catro grupos, un por cada conto e o día da celebración do ciclo de contos recollen ao alumnado de infantil e primaria polas aulas e  o acompañan aos lugares donde se van contar os contos.

 

Diario da actividade

A primeira edición deste ciclo de contos celebrouse o día 29 de febreiro. Os contos ofertados foron:

  • Paco Papán contado por Isabel
  • A historia do home lobo contado por Mini.
  • Rabibranca contado por Concha
  • A Cibeles contado por Pilar

Diario da actividade

A primeirasegunda edición celebrouse o 26 de marzo. Os contos ofertados eran:

  • A frauta máxica contado por Fran
  • Nube de cores contado por Marga.
  • Neve na amaía contado por Marta
  • O osiño rosa contado por Isabel



Diario da actividade

A terceira edición celebrarase o vindeiro 30 de abril. Os contos ofertados serán:

  • O tío lobo contado por María
  • O coelliño branco contado por Pilar Vázquez.
  • Blancanieves y los siete enanitos contado por Susana
  • O can de nome Can contado por Mini

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis