Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Categoría: CICLO DE CONTOS

29/10/2009 GMT 1

I Ciclo de contos curso 2009 - 2010

marga-g @ 23:30

Que ben o pasamos no ciclo de contos...
Intentaremos relatarvos algo do que sucedeu hoxe á mañá no noso cole:

O tren de Martiño foi percorrendo a clase de 2º cun chucu, chu moi particular porque era un tren de madeira pintado con vivas cores e cunha historia ben entretida...Gracias Bea polo teu esforzo.

                      dsc00224.JPG

Con Roberto e Celia escoitamos unha fermosa historia de dous irmáns que un día escaparon da casa porque a súa nai lles facía ir á escola... Os nenos e nenas que escoitaron este conto tiveron unha sorpresa final que Marita debeu estar facendo durante toda a noite.

                      dsc00222.JPG  

Comemedos, o amigo invisible da historia que contou Marga e que magníficamente representaron Yara e Natalia, pegouse hoxe un atracón cos medos das nenas e nenos de Boimorto que ao final do conto levaron unha caixiña comemedos na que gardaron o medo ao lobo, o medo á escuridade, ás serpes, ás pantasmas...

                     dsc00225.JPG 

Como cada venres, os pais de Fran e Sara van ir ó cine e a avoa Raquel quedará con eles, pero soa o teléfono. A avoa di que tivo que ir facer unhas compras...Con este suxerente comezo deu vida Fran á historia de Que medo mamá Raquel! que fixo as delicias das nenas e nenos que escolleron este conto gracias á dixitalización das imaxes e á presentación das mesmas. 

                      dsc00230.JPG

27/10/2009 GMT 1

Que medo, mamá Raquel!

marga-g @ 15:24
51.jpg

Comemedos

marga-g @ 15:22
4.jpg

Roberto e Celia

marga-g @ 15:22

 

32.jpg

O que lle pasou a Martiño...

marga-g @ 15:18
21.jpg

Ciclo de contos 2009 - 2010

marga-g @ 15:16
cartel12.jpg

Gústavos a nosa carteleira de contos?

A que esperades para ler os anuncios e decidir o conto ao que iredes o vindeiro xoves 29 de outubro?

Apresurádevos e deixade algún comentario neste blogue, tal vez nos convenzades de ir a algún...

08/06/2009 GMT 1

Silvia e o seu conto

marga-g @ 11:37

E por fin escoitamos o conto de Silvia que fixeron as nenas e os nenos de educación infantil do noso cole, e gustounos moito, moito...

                      p1040494.JPG 

As razóns de que nos gustara tanto foron:

  • Vimos o conto na pantalla grande, como se fora no cine.
  • Escoitábanse as voces do alumnado de infantil, logo eran elas e eles quen iban contando a historia.
  • Tamén había música e os debuxos estaban feitos por eles.

O que máis nos chamou a atención foi que as personaxes se movían!!!

                 p1040489.JPG  

Este conto en flash tan especial foi coordinado, polas profes Isabel e Patricia que fixeron unha labor magnífica.

Moitas grazas polo voso esforzo e polo fantástico conto creado.

03/06/2009 GMT 1

O conto de infantil

marga-g @ 22:19

...Silvia, a nena da historia que vos imos contar, fixo algo mal...

TA- CHAN...

TA-CHAN...!!!!!!

Se queredes saber o que foi, estades invitados a ver o noso conto de Infantil.

                       conto-dos-nenos.jpg

Será na biblioteca o vindeiro luns, día 8 de xuño ás 11:15.

Esperamos que vos guste moito.

01/04/2009 GMT 1

O noso ciclo de contos

marga-g @ 23:31

Unha vez máis celebramos a edición de abril do ciclo de contos.

Os contos relatados nesta ocasión foron:

  • La casita,  teatralizado polas nenas e nenos de 3º de primaria baixo a fabulosa dirección de Natalia. Unha ratiña, unha ra, un coello, unha raposa e un oso conviven nunha casiña...aínda que claro!, son tantos que a cas húndese. Mais para iso está a amizade. Todos xuntos fan unha mellor!

                              dsc07993.JPG

  • Vanesa non quere ser princesa, contounos magnificamente Estela que aínda que a nai de Vanesa quere que sexa princesa, ela non está de acordo. Vanesa só desexa ser libre para decidir o que quere ser...a pesar de que lle guste unha cousa diferente cada día. O único que ten claro é que ...NON QUERE SER PRINCESA!

                               dsc07996.JPG

  • 27 historias para tomar a sopa....Había unha vez unha nena que perdeu un globo, subiu a unha árbore para intentar collelo e...

        ...Unha tartaruga deixa a súa casa-caixa e atopa no xardín da súa casa un mundo diferente. A súa amistade cun ourizo daralle...

                        dsc07999.JPG

        Estas son dúas pequena pinceladas sobre dúas historias que atoparás neste libro e que esta tarde foron maravillosamente contadas por Mar.

  •  Unha parella diferente, este era o título do conto que tan ben relataron e dramatizaron catro nenas de 5º de primaria: Dafne que actuou de narradora, Ana no papel de crocodilo, Tania interpretando a xirafa e Mar que fixo as voces da xente murmuradora e intolerante das vilas.

                         dsc08002.JPG

Logo do conto Marga quixo invitar a reflexionar sobre a idea central da historia a través dunha presentación de imaxes de parellas "diferentes", "extrañas" ou "raras" que tiñan algo en común. Ao finalizar o visionado das mesmas as nenas e os nenos presentes na sesión chegaron á conclusión de que malia o diferentes que poden ser algunhas todas elas comparten un idéntico sentimento: o amor. Para reforzar esta idea e como remate do conto fixemos un xogo de asociación das imaxes das parellas vistas anteriormente con palabras semánticamente relacionadas co afecto.

                         dsc08005.JPG        

27/01/2009 GMT 1

Ciclo de contos pola PAZ

marga-g @ 22:13

Mañán, último mércores de mes, volveremos a celebrar unha nova edición do ciclo de contos. Nesta ocasión A PAZ será a protagonista dos nosos contos.

    dsc07739.JPG  dsc07742.JPG  dsc07740.JPG  dsc07741.JPG

E a verdade é que a ocasión promete. Os contos publicitados no cartel teñen uns títulos do máis suxerentes:

  • Os tres cosmonautas
  • A bomba e o xeneral
  • O neno que quería ser de maior premio Nobel da Paz e
  • 10 soldados 

No cartel aparecen unhas frases relacionadas con cada conto. Queremos hoxe xogar un pouco con vós e comprobar quen leu o cartel e quen non. Teredes logo que relacionar cada frase co título que lle corresponda. Estades preparadas e preparados? Ahí van...

  1. Había unha vez un átomo...
  2. Os homes que estaban na Terra querían chegar a Marte.
  3. ...e van á guerra para defender, para defender...non se sabe qué.
  4. ...e decidiu mirar ao seu arredor

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis