Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Arquivo: Outubro 2009

29/10/2009 GMT 1

I Ciclo de contos curso 2009 - 2010

marga-g @ 23:30

Que ben o pasamos no ciclo de contos...
Intentaremos relatarvos algo do que sucedeu hoxe á mañá no noso cole:

O tren de Martiño foi percorrendo a clase de 2º cun chucu, chu moi particular porque era un tren de madeira pintado con vivas cores e cunha historia ben entretida...Gracias Bea polo teu esforzo.

                      dsc00224.JPG

Con Roberto e Celia escoitamos unha fermosa historia de dous irmáns que un día escaparon da casa porque a súa nai lles facía ir á escola... Os nenos e nenas que escoitaron este conto tiveron unha sorpresa final que Marita debeu estar facendo durante toda a noite.

                      dsc00222.JPG  

Comemedos, o amigo invisible da historia que contou Marga e que magníficamente representaron Yara e Natalia, pegouse hoxe un atracón cos medos das nenas e nenos de Boimorto que ao final do conto levaron unha caixiña comemedos na que gardaron o medo ao lobo, o medo á escuridade, ás serpes, ás pantasmas...

                     dsc00225.JPG 

Como cada venres, os pais de Fran e Sara van ir ó cine e a avoa Raquel quedará con eles, pero soa o teléfono. A avoa di que tivo que ir facer unhas compras...Con este suxerente comezo deu vida Fran á historia de Que medo mamá Raquel! que fixo as delicias das nenas e nenos que escolleron este conto gracias á dixitalización das imaxes e á presentación das mesmas. 

                      dsc00230.JPG

Correo electrónico do noso amigo Cami

marga-g @ 01:20

Vaia sorpresa, vaia sorpresa tivemos hoxe na escola cando abrimos o correo!!!!
Nin máis nin menos que Cami, o noso ratiño amigo amante dos libros e gran coñecedor das bibliotecas galegas mandara unha carta por internet ás nenas e aos nenos do colexio de Boimorto...
É decir..., a nós.
Esto era o que poñía:

Ola nenos e nenas:
Despois dunhas longas vacacións, irei facervos unha visita o venres, coa miña nai Lupe. A función que ides ver trata do circo. Lupe é artista de circo e estase preparando para marchar nunha nova xira. O venres faranos unha demostración das súas habilidades. Os contos que imos contar son:

El elefante encadenado
Olivia salva el circo Ian Falconer

Vémonos o venres ás 12:00H na biblioteca do colexio!
Unha forte aperta,
Cami

28/10/2009 GMT 1

Lecturas na biblioteca para o alumnado de ESO

marga-g @ 11:22

Este curso ofreceranse periódicamente animacións á lectura para o alumnado de ESO no tempo de recreo.

As persoas encargadas da biblioteca en secundaria son as seguintes:

LUNS
Begoña Babío 

MARTES
Teresa Adrán 

MÉRCORES
Mar López 

XOVES
María Cernadas 

VENRES
Anxo Pérez

E que a animación das lecturas seguirá o seguinte calendario:

Begoña Babío : 6 de novembro, 25 de xaneiro e 12 abril 

Teresa Adrán : 17 de novembro, 9 de febreiro e 27 de abril 

Mar López : 2 de decembro, 24 de febreiro e 12 de maio 

María Cernadas : 17 de decembro, 11 de marzo e 27 de maio 

Anxo Pérez: 15 de xaneiro, 26 de marzo e 11 de xuño

Esperamos que non faltedes a ningunha e lembrade que podedes deixar os vosos comentarios neste blogue.

27/10/2009 GMT 1

Excava no pasado...

marga-g @ 22:37
Lembrades a proposta de investigar sobre O Samaín? 
Non é tan doado como esperabamos, xa que non só hai que bucear nas fontes de investigación, tamén debemos pasar a proba de introducir a papeleta de resposta en...
dsc00210.JPG

      - Que?

- Atreveste a excavar no pasado en busca de respostas?

dsc00211.JPG

- Que donde podes atopar a papeleta?

- Vale, xa cho digo, encima do ataúde...

dsc00207.JPG

- Pero, que ataúde?

- O que está debaixo do panel expositor

- E queres saber o lugar onde a debes depositar?

dsc00213.JPG
dsc00212.JPG

dsc00215.JPG

dsc00214.JPG

Teño medo...

Que medo, mamá Raquel!

marga-g @ 15:24
51.jpg

Comemedos

marga-g @ 15:22
4.jpg

Roberto e Celia

marga-g @ 15:22

 

32.jpg

O que lle pasou a Martiño...

marga-g @ 15:18
21.jpg

Ciclo de contos 2009 - 2010

marga-g @ 15:16
cartel12.jpg

Gústavos a nosa carteleira de contos?

A que esperades para ler os anuncios e decidir o conto ao que iredes o vindeiro xoves 29 de outubro?

Apresurádevos e deixade algún comentario neste blogue, tal vez nos convenzades de ir a algún...

Falemos do SAMAÍN

marga-g @ 00:57
dsc00206.JPG
O aire cheira a fume.
Xa estamos a finais de outubro…
A luz decae e a noite vaise apoderando das horas, horas que aproveitaremos para conversar, para ler, para soñar…
Aproveitando a oscuridade…, hoxe queremos que investiguedes, que busquedes información sobre O SAMAÍN.
Subide á biblioteca e achegádevos ao mural da exposición temática. Lede a pregunta que vos formulamos e...
...a buscar nas enciclopedias,
...a investigar en internet,
...a bucear nos libros...
Si atopades a resposta, cubride unha papeleta cos vosos datos personais e introducídea na boca "que todo o come".
Non perdades tempo, non o dubidedes. As nenas e os nenos que máis investiguen serán galardonados como os mellores samaineiros.
Esperamos as vosas respostas!

21/10/2009 GMT 1

Bases do concurso de creación e deseño dos personaxes guía do camiño

marga-g @ 12:58

 O Equipo de Biblioteca do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto

CONVOCA

Ao alumnado de lnfantil, Primaria, Secundaria e PCPI deste centro, a participar na creación e deseño dun personaxe-guía do

  PROXECTO DOCUMENTAL: "CAMIÑO DE SANTIAGO".

 BASES

1. Ser estudiante do colexio de Boimorto.
2. Que sexa unha creación persoal e sen axuda.
3. O debuxo terá unha base de vieira.
4. Elaborar un personaxe que sirve de guía camiñante do "Camiño de Santiago".
5. Deberá dárselle un “nome” polo que cada personaxe entregado terá un nome orixinal que o identifique. Dito nome entregarase aparte, nunca integrado no debuxo.
6. Poderase empregar calquera técnica artística: cera, pastel, acuarela, collage...
7. O debuxo non terá ningunha letra, palabra ou frase.

ENTREGA

1. As persoas concursantes deberán entregar as súas propostas a Concha, Fran ou Marga antes do vindeiro 6 de novembro de 2009.    
2. En folio aparte deberán engadir a seguinte información:
• NOME DA/DO  PARTICIPANTE
• CURSO
• NOME DO PERSONAXE

 PREMIOS

* Un xurado revisara todos os deseños recibidos e elixirá os  mellores
* A decisión do xurado será inapelable
* Publicaranse todos os deseños concursantes no blogue da biblioteca
* O día 13 de novembro publicarase cal son as/os gañadores.
* Os premios non serán en metálico e estarán relacionados coa lectura. Serán entregados ao finalizar o proxecto documental.
Cualquera dúbida, dirixídevos ao comité organizador: Concha, Fran ou Marga                                                  

 Equipo de Biblioteca
 

E polo "Camiño de Santiago"...

marga-g @ 12:50

 

cartel-definitivo.bmp

UAUUUUUUU!!!!!

VAIA CHULADA!

E esto de que vai?????

Novo Proxecto Documental na biblioteca

marga-g @ 12:46

Se "As Meninas" foi interesante..., veredes "Camiño de Santiago", título do novo proxecto documental lanzado dende a biblioteca do noso centro...

Abride ben os olliños, escoitade polos corredores e non perdade detalle porque dígovos de verdade que este proxecto promete...

07/10/2009 GMT 1

Porque os monicreques molan...

marga-g @ 23:17

Que divertida foi a sesión de monicreques da compañía Matapiollos que disfrutamos hoxe na biblioteca!

Aínda que non é nada fácil, intentaremos resumirvos parte do espectáculo, veredes...

dsc00060-1.JPG

Trapos e Anteollos, monicreques, e residentes nun armario vermello son moi diferentes o un do outro; mentres Anteollos pasa o día lendo, Trapos non para de queixarse sobre o seu destino.

O que ao principio parece unha simple canción na que Anteollos reflexiona sobre a vida dun monicreque, artella de forma singular a obra que pouco a pouco vaise desfiando ata convencer a Trapos e ao público de que os monicreques "molan" xa que con eles podes ser pirata, princesa dun conto de fadas, mago dun bosque encantado, subir ao ceo...

O contrapunto de Anteollos, representante e defensor da lectura e da imaxinación o pon Trapos, para quen as letras da palabra "monicreque" teñen un significado ben especial:

m de manipulados

o de oprimidos

n de ninguneados

i de illados

c de castigados

r de relegados

e de esquecidos e 

que de quero ser un neno

A pesar do persuasivo que pode ser Trapos, a entrada en escena dunha polilla e dunha nena dan unha viraxe á historia e amodiño pero sen pausa vamos decatándonos de que non hai nada mellor que viaxar coa imaxinación e que a lectura de contos é unha fonte inagotable de ideas, de recursos para disfrutar, para xogar e para dar saída aos outros "eus" que todas e todos levamos dentro.

dsc00087-1.JPG

                                         

dsc00098-1.JPG

 Noraboa Trapos, Ofelia pola vosa profesionalidade. Que non sexa esta a última vez que poidamos disfrutar dunha das vosas obras. 

Monicrequeando na biblioteca

marga-g @ 07:37

Hoxe mércores, 7 de outubro teremos unha actividade de monicreques na biblioteca do centro.

Haberá dous pases:

  • 1º pase de 10:00 h a 11:00 h para as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria.
  • 2º pase de 12:00 h a 13:00 h para as nenas e os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria.

Monicrequeando é unha campaña de dinamización lingüística e animación á lectura que ofrece a editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Educación.

Dita campaña, arredor da nosa lingua e arredor dos monicreques quere poñer en valor:

  • A palabra: A nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte, o entretemento...
  • O teatro de monicreques: Como unha valiosa forma de expresión artística.
  • O xogo: O descubrimento do teatro de monicreques como unha forma de lecer completa, creativa e divertida.
  • A lectura: Porque os libros son compañeiros fieis que nunca deben faltar na túa vida.

Seguro que monicrequearemos un rato moi especial...

04/10/2009 GMT 1

Quen lle ten medo á bruxa?

marga-g @ 11:20

dsc00045.JPG

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!

CONTO DIXITAL NA BIBLIOTECA!!!!!

QUEN LLE TEN MEDO Á BRUXA?

SERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 5 DE OUTUBRO !!!!!!!

    NON      FALTEDES      Á  CITA!

As nenas e os nenos de 5º de E.P. decidiron tomar o patio o venres no recreo e anunciaron vestíndose de nena, neno anuncio o conto que escoitaredes mañán no recreo.

                                 

dsc00044.JPG

 

E volven os Contos no recreo...

marga-g @ 11:01

Como o curso pasado, o alumnado de E.I. e E.P. poderá disfrutar dun conto cada día: 

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Todos os días, na hora do recreo, leerase un conto durante os primeiros 10 ou 15 minutos. Cada profesora ou profesor participante nesta proposta baixará coas nenas e cos nenos que non queiran quedar o tempo restante na biblioteca.
Preténdese con esta actividade acostumbrar ao alumnado que sube á biblioteca, habitualmente a xogar ou revolver nos libros, a escoitar contos e a enfocar a súa atención  cara á lectura.

CALENDARIO DE  CONTOS

LUNS          -----------------   MARGA
MARTES       ----------------   CONCHA
MÉRCORES  ----------------   FRAN
XOVES         ----------------  MARGA , CONCHA OU FRAN

Plan mellora de bibliotecas escolares

marga-g @ 10:37

Comeza un novo curso escolar, un curso que ven cargado de novedades, algunhas (supresión de profesorado) que dificultarán o traballo deste equipo de persoas encargadas de dinamizar e dar vida á biblioteca do noso centro,  e outras moi positivas que merecen unha mención e agradecemento especial:
Concedéronnos o Plan Mellora de Bibliotecas escolares!!!

Este Plan que pretende dotar de recursos educativos, fomentar a lectura e dinamizar o uso da biblioteca,  contempla un ambicioso abanico de obxectivos e actividades para levar a cabo neste curso: Dende a reforma estructural da biblioteca, pasando pola catalogación de fondos e continuando coas actividades de dinamización tan frecuentes no noso centro.

Tendo sempre presente a adquisición das competencias básicas, tentaremos que o uso da biblioteca encamine e contribuia ao logro da competencia en comunicación lingüística, á de  aprender a aprender ao facilitar a aprendizaxe autónoma , á competencia no tratamento
da información ao fomentar un uso crítico da mesma,  á competencia cultural e artística e en definitiva ás restantes competencias básicas.

Para lograr estos obxectivos, organizaremos a biblioteca como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, para formar ao alumnado na sociedade da información que lle tocou vivir, dotándoo de habilidades para consultar distintas fontes informativas, para criticar as informacións e para construir autónomamente o seu coñecemento. A lectura recollerá textos literarios e informativos,  en formato impreso, audiovisual ou multimedia, de forma presencial ou telemática, e tentará sempre promover o gusto pola lectura e a adquisición do hábito lector.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis