Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Arquivo: Abril 2009

27/04/2009 GMT 1

"O cadro cobra vida"

marga-g @ 21:34

Luns, 4 de Maio.

Ás 15:30 horas.

Na Biblioteca.

SORPRENDENTE!

“O cadro cobra vida”

dsc08079.JPG

Os personaxes do cadro de Las Meninas, despois de permanecer inmóbiles durante máis de trescentos anos, saen a espreguizarse durante uns minutos.

NON ESPERES OUTROS TRESCENTOS ANOS PARA VELO!

26/04/2009 GMT 1

Concha e o seu primeiro libro.

marga-g @ 14:42

Esta foi a divertida lectura con que nos agasallou Concha polo día do Libro.

dsc08125.JPG 

 Y EL TORO SIEMPRE DETRÁS
 

Cerca de San Sebastián

estaba de centinela,

sin temor y sin cautela,

la víspera de San Juan,

cuando observé a poco trecho

un toro como un gigante,

más grande que un elefante

que vino hacia mí derecho.

Yo, que en peligro me vi,

me colé por un reducto,

y por el mismo conducto

entró el toro tras de mí.

Salgo del reducto,y ¡zas!

en una casa cercana

me metí por la ventana.

Y el toro siempre detrás.

De la casa sin desdoro,

aunque el caso no se crea,

salí por la chimenea.

Y siempre el toro detrás.

¿Qué hice entonces? Me encogí,

y me metí en el cañón

de mi fusil.

UNO-¡Trapalón!

SOLDADO- Y el toro detrás de mi.

Mas no por eso, aturdido

quise entregarme, lo juro,

cuando me vi en tal apuro,

me salí por el oído.

UNO-¡Válgame Cristo,qué enredo!

OTRO-¿Pues cómo, ¡voto a Caifás!

no salió el toro detrás?

SOLDADO-Porque tapé con el dedo.

23/04/2009 GMT 1

Disfrutando do 23 de abril, día do libro

marga-g @ 21:44

Preciosas as actividades desenvoltas durante todo o día.

Empezamos a celebración visionando a presentación eleborada por Teresa cos textos escollidos polo profesorado do centro...e magnífica foi a elección de imaxes e música que impregnaron de encanto as actividades posteriores:

  • Coloquio sobre as lecturas realizadas.
  • Reflexión sobre o significado das imaxes e a súa relación co día do libro.

                        

                    dsc08104.JPG

  • Lectura dos relatos, poemas e parágrafos escollidos polos grupos, polas mestras e polos mestres.

     dsc08113.JPG        dsc08133.JPG      

  • Poemas musicados e cantados por Mini e o grupo de 6º:"Palabras para Xulia" de José Agustín Goytisolo e "Caminante no hay camino" de Antonio Machado.

                        dsc08118.JPG          

  • Visionado do vídeo dun poema escrito por Joaquín Sabina; "A la orilla de la chimenea", cantado por Fran e acompañado á guitarra por Mini.
  • Entrañable lembranza dunha deliciosa tableta de chocolate que agasallou a Concha na súa nenez co seu primeiro conto.
  • Unha especial sorpresa para o alumnado de infantil e 1º ciclo de E.P que subimos á biblioteca para ver un libro especial, en lugar de ter páxinas de papel, a profe Isa ía pasando as follas na pantaia do video, onde puidemos desfrutar vendo animais salvaxes coma o león, o camaleón ou o elefante, lendo sobre eles e escoitando os seus sons. Todos estivemos moi caladiños. Despois os compañeiros de 1º leron o comezo dos seus contos preferidos deste curso "A aventura sorprendente du homiño moi valente" e  " Una bruja horriblemente guapa ". Para rematar,  os rapaces de 2º léronnos o seu conto preferido "A avoa de Rosa".

                        dia-do-libro-infantil-e-1%c2%ba-ciclo-005.jpg

  • Espontanea e simpática entrevista realizada polo alumno Manuel Veiras a un dos homenaxeados co galardón "O Pedrón de Ouro" este ano: D. Xosé Luis Rivas,  ben coñecido no centro e na sua contorna por Mini.
  • Intercambio de pareceres en torno á reivindicativa frase leo para... lanzada por Marga e recollida por todas as persoas presentes na biblioteca. Comprácenos destacar aquelas que tiveron maior número de adhesións:

Leo para sentirme libre.

Leo para facer posible o imposible.

Leo para aprender.

Leo para poñer palabras ao que sinto.

Leo para recoñecerme noutras vidas.

Leo para patear mentalmente aos tiranos.

Leo para procurarme un anaco de pan feito de letras.

Leo para entrar no espello.

Leo para calar cando todos falan.

Leo para falar cando todos calan.

Leo para darlle traballo ás neuronas.

Leo para que o amor seña posible.

Leo para volver a ser nena...

dsc08107.JPG

22/04/2009 GMT 1

23 de abril, día do libro

marga-g @ 23:50
cartel4.jpg 
cartel1.jpg
Como non podía ser menos, mañán xoves 23 de abril celebraremos o día do libro no noso centro.
As actividades programadas son as seguintes:
  • Visionado e lectura da emotiva presentación elaborada por Teresa cos textos favoritos de parte do profesorado do centro.
  • Lectura de textos diversos por parte do alumnado e reflexión posterior sobre o significado da lectura nas nosas vidas.
 Dende este espazo queremos agradecer a todo o profesorado que participou na proposta e en especial a Teresa polas horas adicadas e pola sensibilidade derramada nesta homenaxe ao libro. 

19/04/2009 GMT 1

Con moito agarimo para o noso Mini

marga-g @ 23:14

NORABOA MINI!!!!!!!!!!!!

E Velaquí a xeración do 93. Primeiros alumnos de Mini no CPI Armando Cotarello Valledor.

Vello barbudo, como esquecer os crocodilos e as

pirañas que gardabas naquela fermosa barba canosa.

Aprendéchenos, Mini, que lápices, bolis, tizas, grampadoras, borradores e outros útiles escolares podían voar. Como esquecermos que o coche amarelo surcaba o aire sobre as cabezas protexidas polas nosas mans. E o son dos zocos (marabillososo cubre pés de madeira típicos da xente galega) que nos alertaban da túa cercanía.

A xeografía nos libros pode resultar aburrida, pero en troques o contacto coa NATUREZA é máis divertido. Ensináchesnos desta maneira, o que é un castro (olladas ós nosos antepasados) e o nacemento do río máis longo dos mil da nosa terra, O Miño.

Puntean aínda nos nosos oidos as notas de aquelas cancions cantadas entre sorrisos, caras avermelladas da vergoña, voces desafinadas e sen desafinar e a sensación de que o mundo se estendía ante nós en forma de ledas esperanzas.

Grazas`por facernos creer na lectura e no que cada un escribe. De ti aprendimos, voluntariamente, a querer á nosa Galicia e a valorar a nosa vida como única.

QUEN POIDERA NAMORALA, MEU AMIGO

Paula Quintás López, Ana Otero Fidalgo, David Tojo, Iria Vázquez Rodríguez. 

                       imgp0328.JPG

Non temos palabras para mostrar o orgullo, a satisfacción e a ledicia que sentimos polo recoñecemento ao teu traballo. Así que navegando un pouco atopamos moitas noticias sobre o galardón que copiamos directamente:

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos como Mini e Mero, foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgoulle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país, informou un comunicado.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida. Pola súa banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra de Galicia, que máis destaque coas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura", engade a nota.
Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12.30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.
Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".
Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".

xornaldeGalicia.com

É coñecido o seu compromiso e activismo con multitude de causas, tanto a defensa da lingua galega, a recuperación da memoria histórica ou a protección do medio natural; este compromiso lévaos a participar en actos organizados por todo tipo de asociacións e colectivos, por pequenos que sexan.

vieiros.com

Mini e Mero son tamén o cerne d´A Quenlla, como o foron antes de Fuxan os Ventos, as dúas formacións case mitolóxicas da música popular galega. A Quenlla, xurdida en 1984, puxo todos estes anos unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento. É por iso que moitas veces traballan con textos de poetas e de escritores para, imprimíndolles musicalidade, devolvelos en forma de canción e de mensaxe.

E, por fin, Mini e Mero son Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, dous chairegos inseparábeis da fornada de 1951, nados os dous no mes de Sanxoán, aquel en Pacios e este en Vilalba, no cuartel vello. Dous grandes tipos que están sempre alá onde se reivindica e defende a nosa cultura. Dúas magníficas persoas a quen se pode calificar, sen temor a esaxerar, de bos e xenerosos.

avozde vilalva.com

01/04/2009 GMT 1

O noso ciclo de contos

marga-g @ 23:31

Unha vez máis celebramos a edición de abril do ciclo de contos.

Os contos relatados nesta ocasión foron:

  • La casita,  teatralizado polas nenas e nenos de 3º de primaria baixo a fabulosa dirección de Natalia. Unha ratiña, unha ra, un coello, unha raposa e un oso conviven nunha casiña...aínda que claro!, son tantos que a cas húndese. Mais para iso está a amizade. Todos xuntos fan unha mellor!

                              dsc07993.JPG

  • Vanesa non quere ser princesa, contounos magnificamente Estela que aínda que a nai de Vanesa quere que sexa princesa, ela non está de acordo. Vanesa só desexa ser libre para decidir o que quere ser...a pesar de que lle guste unha cousa diferente cada día. O único que ten claro é que ...NON QUERE SER PRINCESA!

                               dsc07996.JPG

  • 27 historias para tomar a sopa....Había unha vez unha nena que perdeu un globo, subiu a unha árbore para intentar collelo e...

        ...Unha tartaruga deixa a súa casa-caixa e atopa no xardín da súa casa un mundo diferente. A súa amistade cun ourizo daralle...

                        dsc07999.JPG

        Estas son dúas pequena pinceladas sobre dúas historias que atoparás neste libro e que esta tarde foron maravillosamente contadas por Mar.

  •  Unha parella diferente, este era o título do conto que tan ben relataron e dramatizaron catro nenas de 5º de primaria: Dafne que actuou de narradora, Ana no papel de crocodilo, Tania interpretando a xirafa e Mar que fixo as voces da xente murmuradora e intolerante das vilas.

                         dsc08002.JPG

Logo do conto Marga quixo invitar a reflexionar sobre a idea central da historia a través dunha presentación de imaxes de parellas "diferentes", "extrañas" ou "raras" que tiñan algo en común. Ao finalizar o visionado das mesmas as nenas e os nenos presentes na sesión chegaron á conclusión de que malia o diferentes que poden ser algunhas todas elas comparten un idéntico sentimento: o amor. Para reforzar esta idea e como remate do conto fixemos un xogo de asociación das imaxes das parellas vistas anteriormente con palabras semánticamente relacionadas co afecto.

                         dsc08005.JPG        

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis