"Mariquiña a carteira andoriña"
Onte pola tardiña recibimos unha sorpresa moi especial...
Mau e Pin visitaron o noso cole. Viñeron á aula de infantil de cinco anos e alí nos xuntamos todas as nenas e os nenos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
Que non sabedes quen son ese Mau e Pin?
Pois nós volo diremos, son Quique e Carlos, escritor e ilustrador da serie de contos: "Mariquiña a carteira andoriña", "Xelo o carteiro xurelo" e "Hugo o carteiro teixugo" da Editorial Xerais.
Como vos iba decindo...estes dous personaxes contaron o conto do galo Manolo Corazones dun xeito moi peculiar, xa que mentres Mau iba contando a historia, Pin non paraba de garabatear nun papel ben grande que tiña pegado no encerado e que ao final deu en ser unha escena do conto.
A verdade é que a sesión non tivo desperdicio grazas a estes dous magníficos profesionais que non só mantiveron a atención de toda a audiencia senon que tamén provocaron a reacción e incitaron a participar e preguntar. Con eles berramos como o galo, rimos, durmimos, asexamos...e incluso pensamos.
...E falando de pensar, ocurresenos facervos unhas preguntiñas para saber como tendes a vosa memoria. Imos ver quen recorda...
- De quen estaba namorado o galo Manolo?
- Cando levaron á pita?
- Como quedou Manolo ante a marcha da pita?
- Que fixo logo Manolo?
- Quen sabía a dirección da galiña?
- Que pasou ao final?
Estas preguntiñas son sobre a historia, agora veñen unhas poucas sobre as vosas curiosidades...
- Que preguntou a profe Marita?
- Que se sabe dos nomes dos doce pitiños?
- Por que ten a cresta o galo desa maneira?
- Casou alguén ao final do conto?
- Por que Pin dibuxou á galiña cun ollo despegado?
- Cal será a historia que nos conten a próxima vez que nos visiten?
Se sabedes as respostas podedes deixar un comentario neste espacio. Prometemos agasallos...

Chúzao
del.icio.us