Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Arquivo: Febreiro 2009

11/02/2009 GMT 1

CITA COA NATUREZA

teresa.adran @ 12:36
vivir-no-solo.jpg

Unha ecolóxica historia ilustrada con imaxes, relatada polos rapaces de 2º da ESO, e coordinada polo departamento de ciencias.

Este xoves día 12 de febreiro na biblioteca.

09/02/2009 GMT 1

OUTRA HISTORIA....

teresa.adran @ 10:59

...que non outro conto...

O xoves pasado contamos dentro de "OS XOVES DA BIBLIOTECA" a vida do gran pianista e director de orquestra DANIEL BARENBOIM e a súa valente loita en favor da paz no Oriente Medio. Un nome que non se pode esquecer...

01/02/2009 GMT 1

O día da Paz na biblioteca

marga-g @ 21:23

E por fin chegou o día da paz... e con el unha variada e interesante oferta de actividades vinculadas cos valores de solidariedade, tolerancia, interculturalismo, diversidade e convivencia pacífica.

Non podemos deixar de nomear as que dun ou doutro xeito empregaron a lectura como base para o seu desenrolo:

  • Exposición temática sobre a Paz.

                  dsc07745.JPG

                         

  • Presentacións dixitais de textos relacionados coa paz cos que entonamos esas inesquecibles e atemporales cancións de Imagine e Blowing in the wind.
  • Lectura dos desexos e compromisos que cada clase de infantil e primaria elaborou para expoñer diante do resto dos grupos.
  • Canto da canción  "No dudaría" de Antonio Flores co acompañamento musical do noso Mini.

                            dsc07828.JPG     

Como remate do día decidimos facer un xogo cooperativo no que Marita fixo participar a todo o alumnado e profesorado para lograr o obxectivo final: introducir un bolígrafo nunha botella coa axuda de todas e todos.

Os contos da nai e da avoa de Cami

marga-g @ 21:16

Que sorte tivemos o xoves!!!

Primeiro recibimos unha carta sorpresa de Cami anunciando unha próxima visita, e como el non puido vir xa que estaba na escola viñeron a nai e a avoa Violeta a deleitarnos con historias preciosas que nos deixaron coma sempre con ganas de escoitar máis.

A xornada xirou arredor da paz: Os contos Por que? e Historia dunha bomba, magníficamente relatado un e dramatizado o outro, foron os títulos escollidos para facernos pensar no absurdo das pelexas, das guerras e dos enfados.

         dsc07784.JPG     dsc07805.JPG

Antes de marchar fixemos un xogo no que tivemos que compartir para que todas e todos quedaramos felices e despedímonos cantando xuntos "La muralla".

Grazas por facernos pasar un rato tan especial.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis