Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Arquivo: Xaneiro 2009

29/01/2009 GMT 1

Mulleres galegas a prol da PAZ

marga-g @ 13:33

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz o 30 de xaneiro do 2009, hoxe á mañán tivemos o gusto de desenvolver cos grupos de 4º, 5º e 6º de E.P. o visionado da presentación:"Mulleres galegas a prol da PAZ".
Nesta ocasión foi Juanjo, o orientador do noso centro, quen propuxo familiarizar ao alumnado nesta transversalidade na que se mergullará máis mañán día 30 de xaneiro coa asistencia ao foro de mulleres previsto para o devandito día.
Asemade a carón das imaxes expresamente foron seleccionados artigos significativos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de xeito que as nosas nenas e nenos interactuasen na actividade opinando e participando logo de ler textos e imaxes conxuntamente.

                      dsc07774.JPG 

As ideas clave desta actividade foron:
Non sexismo, Inteculturalismo e Pacifismo entendido do local ao universal, da historia ao cotiá como ferramenta convivencial, que saiba xestionar os conflictos diarios.

28/01/2009 GMT 1

Queridas nenas e nenos...

marga-g @ 21:21

Queridas nenas e nenos,

Canto tempo sen saber de vós! E como estades? Non se conxelou ningún cativo ou cativa nestas nevaradas?

Non voou ningún co vento e apareceu no lugar do lado? Espero que non, que esteades todas e todos ben preparados para   este novo ano 2009.

                             

                            dsc07479.JPG

Seica andades atarefados, moi atarefados. Xa me chegaron ás miñas orellas ratunas que andades a voltas coa celebración  dalgo moi importante... o día da Paz.

Algo me dixeron os meus “contactos” de que estades a aprender algunha canción, e de que escribides mensaxes pacíficas, e pintades brancas pombas que pretenden encher o colexio de bos pensamentos e accións.

A verdade é que me encanta esto do entroido : as filloas, o cocido, as chulas, as orellas.....Umm! e as carautas!...
Igual aparezo por aí disfrazado de  gato e métovos un susto! Como mola!... ou mellor aínda…
Pódome disfrazar de pomba  e así  celebro o día da paz!

Qué vos parece?

A verdade é que  teño moitas ganas de facervos unha visita e así contarvos como vai a Asociación de Animais, lembrades?  Agora máis que nunca  traballamos a reo e  non
paramos de recibir chamadas telefónicas e cartas.
Son tantas as que chegan que ata nos está a axudar Violeta; sí Violeta ¡ A miña avoa Violeta!  É como un sopro de aire fresco na Asociación!
... Bueno, máis ben , é coma un furacán!

O caso é que ela xa di que cantos máis somos, máis escoitamos,  máis axudamos e máis problemas solucionamos.  Como mola a solidariedade!

En fin  nenas e nenos , téñovos que deixar . Agardo vervos moi pronto ou no caso de non poder ir eu, mandarvos recado por quen vos quere tanto coma mín.

Un biquiño.                                               

Cami

Os maravillosos contos pola paz

marga-g @ 20:11

             collage1.jpg

 A paz encheu as nosas aulas de contos, de boas intencións cara ao futuro, de reflexións, compromisos e críticas cara o presente...Velaquí un breve resumo desta pacífica e entrañable tarde:

10 soldados
Coa música de fondo de Wagner e Schubert  disfrutamos hoxe do conto pacifista 10 Soldados  a cargo de Fran.
A idea principal deste conto era  o absurdo da guerra. O conto empeza con 10 soldados que van á guerra sen saber a razón. Van cargados de ilusións, cun sorriso nos labios e unha flor no fusil. Pouco a pouco van desaparecendo ata que só queda un que aprende da experiencia e fuxe da guerra.

A bomba e o xeneral
O noso mundo está feito de átomos, as bombas tamén. Con este punto de partida Concha quixo explicar o perigo de que estes átomos caian en mans inapropiadas.
Os átomos (canicas ou bolas) acordaron plantarlle cara ao xeneral (boneco de cartón)fuxindo das bombas, e deixaron ao xeneral rebaixado a porteiro de hotel.

Os tres cosmonautas
Natalia atopou con este conto de Umberto Eco tres cosmonautas en Boimorto, así que un deles fixo de americano, outro dun chino e a última dunha rusa. Aínda que a súa é unha relación tortuosa ao principio, a aparición dun extraterrestre fainos aprender e valorar a importancia da amizade e da diversidade.

Cando sexa grande quero ser Premio Nobel da Paz
Con este conto Isa quixo que reflexionásemos sobre o noso facer cotiá, sobre os pequenos detalles que cada día poden convertirnos en seres grises ou luminosos. Por iso abrimos ben os ollos e aprendimos a criticar as nosas propias accións.
Logo aprendimos o significado deste premio e coñecimos algunha das persoas premiadas.

GRAZAS Fran, Concha, Natalia e Isa polo voso agarimo e esforzo.

27/01/2009 GMT 1

Ciclo de contos pola PAZ

marga-g @ 22:13

Mañán, último mércores de mes, volveremos a celebrar unha nova edición do ciclo de contos. Nesta ocasión A PAZ será a protagonista dos nosos contos.

    dsc07739.JPG  dsc07742.JPG  dsc07740.JPG  dsc07741.JPG

E a verdade é que a ocasión promete. Os contos publicitados no cartel teñen uns títulos do máis suxerentes:

  • Os tres cosmonautas
  • A bomba e o xeneral
  • O neno que quería ser de maior premio Nobel da Paz e
  • 10 soldados 

No cartel aparecen unhas frases relacionadas con cada conto. Queremos hoxe xogar un pouco con vós e comprobar quen leu o cartel e quen non. Teredes logo que relacionar cada frase co título que lle corresponda. Estades preparadas e preparados? Ahí van...

  1. Había unha vez un átomo...
  2. Os homes que estaban na Terra querían chegar a Marte.
  3. ...e van á guerra para defender, para defender...non se sabe qué.
  4. ...e decidiu mirar ao seu arredor

Máis das Meninas

marga-g @ 21:28

Os personaxes de Las Meninas, por xentileza de Velásquez, asómanse ao século XXI para contarnos como vivían daquela, no século XVII. Un a un irannos contando da súa vida: que facían no seu día a día, como vestían, como se divertían, incluso que sentían...

Será a Infanta Margarita a primeira en abrirnos a ventá do seu apousento e a través da mirada infantil dunha nena de cinco anos entraremos na vida de palacio.

    

             dsc07736.JPG       dsc07735.JPG

 Sabedes quen é o novo personaxe que enfocou a lupa esta semana?

Non esquezades subir á biblioteca a investigar. Contestade o máis axiña posible e deixade o voso nome neste blogue.

Haberá alguén que leve un agasallo?

26/01/2009 GMT 1

EsTaDe AtEnT@S...pRoNtO vOLtArEmOs CoN MoitAs SoRpReSaS...

teresa.adran @ 20:09

post.jpg

18/01/2009 GMT 1

Toliño perdido!

teresa.adran @ 20:28

Este Quixote non é ben...este xoves, rapaces de 2º da ESO léronnos un fragmento desta novela de Cervantes onde o cabaleiro arremetía contra un rebaño de ovellas...crendo que eran un exército!! non me estrana nada que os donos dos animais lle deran o seu merecido...
De fondo puidemos ver unha selección de imaxes onde se representaba a este personaxe nas artes plásticas.
Moi ben, rapaces!!gracias Anxo!!

Continuamos investigando na biblioteca...

marga-g @ 13:23

A semana pasada subimos á biblioteca e descubrimos que o taboleiro enchérase de novos datos sobre o misterio que estamos a investigar.

                        imgp0470.JPG

Xa sabemos o nome do cadro exposto, o artista que o pintou, cando e donde. Tamén aprendimos o por que deste tipo de pinturas.

As nosas pescudas diríxense agora á QUEN É QUEN.

                                   imgp0472.JPG             

A mellor detective do cole, Concha, enfocou a súa lupa e máis as nosas á figura dunha rapaza que aparece no lenzo e que non sabemos todavía quen é. Bucearemos en libros, navegaremos pola rede e preguntaremos ás persoas sabias por esta nena...

Prometemos informar.

12/01/2009 GMT 1

Tamén hai detectives na clase de Patricia...

marga-g @ 12:42

Sabedoría infantil

 Sabios os nosos detectives de 5 anos. Sen saber de letras, atrévense a resolver grandes enigmas.

Opinan que no cadro de Las Meninas, van bailar e que están disfrazados. Que no fondo hai unha tele. Tamén que o cadro está exposto na parede e que o pintou un tal José María.

Cren que o pintor fixo o cadro porque lle mandou o "Ayuntamiento" para que o viran os nenos, ou simplemente porque lle gustaba pintar. Outro apuntou que o pintor pintaba cadros, e un día dixo: "Vou pintar o cadro dunha familia".

Como diría o famoso detective Sherlock Holmes ao seu axudante:

"Elemental, querido Watson".

Queremos agradecerlle dende aquí a Patricia o seu interese polo noso proxecto documental, así como a súa implicación e esforzo por manter a motivación e iniciar ao alumnado de cinco anos na investigación e nas técnicas de documentación.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis