Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

aventuras na biblioteca

Arquivo: Maio 2008

31/05/2008 GMT 1

O noso proxecto documental

marga-g @ 20:37

Este curso, un grupo de profesoras do colexio de Boimorto, agrupadas nun seminario permanente, estivemos investigando e analizando as posibilidades que os proxectos documentais poden aportar á alfabetización informacional.

Unha vez rematado o seminario, desexamos compartir con vós, con todas as persoas interesadas neste tipo de proxectos, o noso traballo.

Premede nos enlaces para descargar as fichas de traballo na aula e as presentacións en power point que sirven de fonte de investigación.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

xustificacion - Upload a doc
   
Read this doc on Scribd: TÁBOA DE AUTOEVALUACIÓN ALUMN@
Read this doc on Scribd: xustificacion
Presentación NEVE1 - Upload a doc
Read this doc on Scribd: Presentación NEVE1

30/05/2008 GMT 1

E por fin chegou o día...

marga-g @ 15:02

naviaeiria-melloradas.jpg

Por fin celebramos a cuarta edición do ciclo de contos.
Esta vez a sorpresa veu da man de Navia, Iria, Vanesa, Fátima, Adela, Sonia, Ana e Ánxela.

ftimaevanesa-melloradas.jpg

Estas estupendas contacontos, alumnas de secundaria do noso centro, quixeron participar na nosa festa dos contos e facer desta edición unha sesión moi especial.

Moitas grazas pola vosa colaboración e pola vosa boa vontade. Esperamos escoitarvos de novo.

anaenxela.jpg

adelaesonia.jpg

25/05/2008 GMT 1

4ª edición do ciclo de contos

marga-g @ 20:18

Como vos adiantamos o outro día, na cuarta edición haberá sorpresas inesquecibles.
Vos adiantamos os resumos dos contos que serán expostos no noso mural:

TINO EL COCHINO
TINO ERA UN NENO MOI COCHINO, VOS PODEDES IMAXINAR O QUE FACÍA?
…NON?

CONTAREIVOS, LOGO ALGUNHA DAS SÚAS COCHINADAS:

…COMÍA CARAMELOS DO CHAN, METÍA O DEDO NO NARIZ…

A PRINCESA DO CAUREL

SE QUEREDES ESCOITAR A HISTORIA DUNHA PRINCESA MOI ESPECIAL, ELEXIDE O CONTO DESTA PRINCESA QUE VIVÍA NO CAUREL.

PRESTADE MOITA ATENCIÓN PORQUE TEREDES QUE ADIVIÑAR MOOOOOOOOOOOOITAS COUSAS…

UNA RICA MERIENDA

A QUEN LLE GUSTA O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA?

POIS ESTA É UNHA HISTORIA DIFERENTE DE CARAPUCHIÑA VERMELLA E DO LOBO. SEGURO QUE VOS SORPRENDERÁ UN MONTÓN.

SÍGUEME

ESTA É UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO, OU TAL VEZ SÍ…

ESCOITADE CON ATENCIÓN O CONTO DESTE ELEFANTE GRIS CON LUNARES MORADOS NAMORADO DUNHA PRECIOSA FORMIGA.

22/05/2008 GMT 1

Carta de Cami

marga-g @ 16:38

Lonxe de todo, 23 de maio de 2008

Queridas nenas e queridos nenos,
Como estades?...Ben?
Eu tamén estou ben, moi contento de comunicarme con vós.
E pensar que agora poido escribir no ordenador e sei que podedes ler a miña carta xa, agora mesmiño...
Que barbaridade!
O que fai a tecnoloxía..., xa mo dicía a miña irmá Lupiña e a miña avoa Violeta:
"Estuda moito Cami, le moitos contos e historias e escoita con atención todo o que che din as mestras" (digo mestras porque eu sempre tiven máis mestras que mestres, e vós?

O caso é que hoxe, se dou chegado, irei pola biblioteca de Boimorto a facervos unha visita.
Non sei moi ben se poderei pillar o autobús das dez, porque ás veces, cando estou moi moi concentrado na lectura dun conto, o reloxo adianta...

Xa o levei ao reloxeiro por cinco veces, e este home, que non sei se saberá amañar reloxos, díxome que o meu reloxo andaba perfectamente, que o que tiña que facer era amañar a miña cabeza...
Vaia contestación!!
A miña familia dalle a razón ao condanado do reloxeiro e como moitas veces chego tarde aos sitios ou ás veces non chego..., agora xa me preguntan onde vou ir para ir no meu lugar e poder contar contos.

Bueno, amiguiñas e amiguiños vou ler un cacho dun contiño que atopei o outro día no banco dun parque, dicía que era un libro que pertencía ao movemento do bookcrossing.
Vaia palabriña!
E aínda lla haberá que preguntar ás profes de inglés!...
O caso é que está moi interesante, así que se me perdoades, envíovos unha forte aperta e...

Moitos, moitos, moitos bicos con sabor a queixo.

Cami

Queres xogar con nós?

marga-g @ 15:59

Axúdanos a descubrir os erros do conto que escoitamos hoxe. Esperamos os vosos comentarios.

Vaia carreira, vaia carreira!...

O caso é que hoxe na clase de 1º as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria tiveron a oportunidade de difrutar dunha sesión de contacontos grazas ao ofrecemento da editorial Anaya.
A historia comeza con un galo, unha vaca e un rato que viven xuntos nunha granxa e deciden facer unha carreira de chapas, xa que están aburridos de facer sempre o mesmo.
Como a carreira transformouse nun grande acontecemento, viñeron animais de todo o mundo para participar no evento.
A carreira foi longa e difícil, así que pouco a pouco todos os animais foron abandonando...ata que ao final só quedaron tres.
O animal gañador foi o canguro...Pero sabedes que ?, gañou facendo trampas!!!!!!.
Cando os médicos o descubriron, por suposto, descalificárono.

Os animaliños que participaron na carreira non se puxeron tristes por perder, senon que decidiron facer un pastel xa que estaban todos xuntos.Así pois, foron até unha casa onde atoparon unha nena que choraba e choraba.
Preguntáronlle por qué choraba tanto, e dixo que non lle gustaba ir á escola porque había pantasmas e mestras.
Sabedes o que fixeron todos os animais?
Pois si, axudáronlle a espantalos e foron todos moooooooooi felices.

Ciclo de contos

marga-g @ 15:09

Comunicámosvos que o vindeiro venres, día 30 de maio celebraremos a cuarta edición do ciclo de contos. Nesta edición prometemos sorpresas e novedades. Estade pendientes de novas comunicacións e vos iremos adiantando parte da sorpresa...

09/05/2008 GMT 1

Relación de socias e socios do club dos contos voadores

marga-g @ 12:38

cartel

As socias e socios a data de hoxe son:

CLUB DOS CONTOS VOADORES:

EDUCACIÓN INFANTIL: JOSITO, NOELIA, ALEX, OLALLA, SILVIA.

EDUCACIÓN PRIMARIA: TRISTÁN, ELBA, TANIA, LAURA, VANESA, MARÍA S.R., MARÍA A.L., MANUEL, CRISTINA, ALBA P.

EDUCAIÓN SECUNDARIA: ADELA, PAULA, ÁNXELA, SONIA.

"El loro pelado"

marga-g @ 12:24

Como todos os venres, na hora de recreo de secundaria, esta vez o alumnado de 1º de ESO con María ao frente, volveron a deleitarnos coa dramatización do conto "El loro pelado".

Destacar a boa actuación de todo o grupo que participou, en especial a de Sergio, que controlou as ganas de rir para facer a audiencia disfrutar da súa mágnífica interpretación do loro.

Grazas e...esperamos outro o vindeiro venres.

3º edición do Ciclo de contos

marga-g @ 12:03

O pasado 30 de abril, en infantil e primaria celebramos a terceira edición do ciclo de contos.

Primeiramente, queremos salientar a boa disposición do alumnado de 6º de primaria á hora de organizarse en grupos para dirixir ás nenas e aos nenos dos cursos máis baixos ás aulas nas que se contaban os contos. Grazas pola vosa axuda!.

Como resumo da xornada, cabe dicir que por terceira vez neste curso a actividade resultou todo un éxito grazas á mágnífica actuación das mestras e mestres que ofreceron: a súa experiencia en contos de tradición oral como Mini, un laborioso mural para situar a escena como Pilar, un agasallo moi especial co que rememorar o conto de Susana e unhas deliciosas chulas feitas por María, que nos deixaron con ganas de máis chulas...e máis contos.

Citar, por suposto, o interese e entusiasmo do alumnado que nos anima a continuar.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis